Os afectados pola mina de feldespatos en Xinzo lémbranlle a Feijoo a "ilegalidade" do proxecto
A plataforma veciñal Corno do Monte envíalle ao presidente da Xunta unha carta aberta que denuncia a imposibilidade legal de levar adiante o proxecto mineiro e tamén a alta produtividade agro-gandeira destas terras.
A Liga Estudantil alerta de que os graos de Filoloxía Clásica e Lingua e Literatura Galegas están en risco na USC
A Xunta impón que cada grao debe manter un mínimo de 50 estudantes por curso e estes teñen menos de 30. O colectivo denuncia "un ataque dos gobernos do PP ás humanidades"
Un investigador da USC publica en Science un mapa mundial da profundidade das augas subterráneas
Gonzalo Miguez Macho, da Facultade de Física, é coautor do traballo xunto á profesora Ying Fan e o doutor Haibin Li da Universidade Rutgers (New Jersey, EEUU)
Unha fin de semana para lembrar a Rosalía
Lecturas de Cantares Gallegos en centros de ensino este venres, lecturas colectivas o sábado pola tarde ou un chamamento aos gaiteiros de todo o país para que boten unha peza para a poeta son algúns dos actos que levarán até unha homenaxe no Panteón de Galegos Ilustres o domingo ao mediodía
O TSXG recorda que no caso de Aurelia "ninguén pode elixir" que leis cumprir
O presidente do TSXG recoñece "un problema social" nos desafiuzamentos pero lembra a obriga de cumprir as sentenzas xudiciais, algo que fai extensivo á Policía e aos Bombeiros.
Organizacións sindicais, políticas e estudantís lanzan unha campaña de mobilizacións en defensa dos dereitos sociais e nacionais
A campaña de mobilizacións comezará este venres, con concentracións nas sete cidades de Galicia, contra as 20 horas, e confluirá nunha manifestación o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela
O Parlamento pronúnciase de forma unánime contra o 'fracking'
Os catro grupos con representación instan a Xunta a “acordar unha moratoria” na súa utilización en Galicia
As traballadoras galegas cobran case 5.000 euros menos ao ano que os homes
O salario medio que cobran as mulleres no país é un 23% inferiores aos dos homes. UGT advirte de que a crise "está deixando de lado cuestións fundamentais como a igualdade".
E por fin, twitter en galego!
A pasada noite a empresa autorizou a incorporación do galego como unha das 35 linguas nas que se pode utilizar esta ferramenta. O éxito é responzabilidade do traballo de meses da comunidade de tradutores
O 'Chamamento polo Galego' supera as mil sinaturas
O manifesto que lle pide a Feijóo que "non leve o galego ao Tribunal Supremo" conta co apoio de PSdeG-PSOE, AGE, BNG e CxG e de representantes de numerosos colectivos, entre os que destaca a gran presenza de avogados e xuristas.
“E ti de quén ves sendo?”, nove mulleres relatan a súa loita
O BNG presenta a súa campaña para o 8 de marzo e defende a autonomía das mulleres como única alternativa para “unha vida digna”. Presenta tamén un vídeo no que un grupo de activistas falan das súas motivacións e da súa relación co nacionalismo.
O Congreso aproba a polémica Lei de Costas que legalizará milleiros de vivendas e abre a porta á continuidade de Ence
Tan só o PP votou a favor dunha norma que tamén lle outorga ao Goberno central a decisión, por riba da Xunta, sobre la prórroga de Ence.