Jorquera replícalle a Beiras que "en Galicia xa hai unha fronte ampla de esquerdas: o BNG"
O candidato do Bloque critica que "non pode ser que as persoas que racharon a unidade agora pretendan erixirse en paladíns dela".
Un grupo de militantes de CxG pide desbotar as urxencias electorais e presentarse en solitario
Desbotan acordos con forzas estatais ou entrar en frontes que sexan un "maremagnum de siglas, de personalidades pretéritas do nacionalismo e de reivindicacións maximalistas" e apostan por un programa político "transformador" pero "nunca orientado á ruptura institucional nin a conflitividade social".
Denuncian que o proxecto de Corcoesto incumpre a lexislación sobre xestión de residuos
A plataforma contraria á mina sinala que Edgewater informou incorrectamente dos perigos dos seus residuos para así saltar os controis legais de prevención de accidentes graves
O Goberno confirma que os afectados polas preferentes terán que asumir as perdas dos bancos
O Consello de Ministros aprobou o decreto de reforma financeira, que acata as condicións impostas pola Comisión Europea, entre elas a que limita ao prezo de mercado máis o 10% o que pode ofrecer polas participación preferentes. Os afectados comezan a recorrer de forma masiva á arbitraxe, xa con máis de 11 mil peticións.
Un grupo de militantes mozos de CxG e Anova pide unha coalición entre as dúas forzas
Nun texto asinado polo de agora por unha vintena de persoas avógase por un acordo para acudir unidos ás eleccións, en termos semellantes á proposta formal que este xoves realizou Compromiso por Galicia.
A CIG denuncia que as privatizacións no INSS provocan erros e vulneran a confidencialidade dos datos
Segundo o sindicato, moitos ourensáns están recibindo avisos de débedas coa Seguridade Social que corresponden a outras persoas e culpan á empresa Key S.A., encargada do servizo de correos desta administración.
CIG, CC.OO. e UGT anticipan o prometido 'outono quente'
Os tres sindicatos realizaron concentracións conxuntas esta mañá, coincidindo co Consello de Ministros e en protesta polos recortes aprobados polo Goberno de Rajoy que as centrais cualifican de "saqueo". Están xa convocadas mobilizacións todas as semanas de setembro, en previsión de novas medidas de axuste e coas eleccións do 21-O e unha posible folga xeral no horizonte.
Angola elixe presidente, entre o crecemento económico e as acusacións de fraude
Todo indica que acadará a vitoria o actual presidente José Eduardo dos Santos, do MPLA, cualificado por The Guardian como "o autocrata africano que o mundo menos coñece". A UNITA, que en 2008 obtivo o 10% dos votos, denuncia irregularidades. Angola leva unha década de forte crecemento económico grazas ás exportacións de petróleo, porén neste tempo as desigualdades sociais non fixeron máis que aumentar.
Así será o 'banco malo': a maior inmobiliaria do país
Asumirá 180.000 millóns de euros en activos tóxicos e créditos impagados, e converterase en propietario de 200.000 vivendas novas baleiras. Os prezos dos inmobles baixarán, sobre todo naqueles lugares (a costa mediterránea, nomeadamente) nos que a burbulla inmobiliaria foi maior.
O PSdeG denuncia que Barreiro e Balseiro son "os políticos máis caros de Galicia"
Os socialistas salientan que o senador e o deputado cobran máis de oito mil euros todos os meses.
Compromiso ofrécelle a Anova unha coalición electoral
Xoán Bascuas detallou a oferta, "xenuinamente galega", baseada "na defensa do autogoberno, do Estado de benestar e da democracia” e cuxos candidatos se elixirían en primarias abertas.
Obxectivo: que a oposición á incineradora do Irixo sexa un dos temas das eleccións
Representantes das plataformas do Deza, do Carballiño e do Irixo realizaron este xoves un acto simbólico para relanzar a súa campaña, procurando introducir o tema no debate politico de cará aos comicios de outubro e como impulso á recollida de sinaturas para a presentación dunha ILP que promove o cambio no modelo de xestión de residuos.