72.500 euros para facer unha Laponia no centro da Coruña?
O BNG denuncia o gasto do Concello na construción dun poboado lapón na Praza de María Pita e pono en relación con outros desbaldimentos do Goberno de Carlos Negreira coma os 150 mil euros que custou un partido da selección española de baloncesto ou os 1,5 millóns das festas.
O teito de Galicia segue desprotexido dez anos despois
O Plan de Ordenación de Recursos Naturais de Pena Trevinca comezou a tramitarse en 2002 pero o desleixo da Xunta e a presión que empresas que buscan explotar o subsolo veñen adiando a resolución. Mentres, as minas de pizarra seguen destruíndo o entorno.
A folga de entrega de leite é "unánime" en Galicia
A xuntanza do luns entre sindicatos, Xunta, industria e distribución permitiu avances, pero non evitou un paro que comezou ás doce desta noite e que está a ser "unánime", segundo as centrais. "Ningún camión recolleu leite", aseguran.
O Apóstolo: a dificultade de atopar un filme nos cines
A película galega de animación lanza unha campaña para esixir a súa proxección nas salas comerciais. A distribuidora prometéralle unha estrea en 80 salas e finalmente non chegou máis que a 25, en moitos casos cun único pas diario e con horarios pouco favorables.
Catro días para o Culturgal: o mellor auditorio para a música e o teatro de aquí
A feira comezará o venres 30 cun amplo abano de presentacións e actuacións cunha presenza moi importante das artes escénicas e musicais.
Alertan do posible "exterminio" de animais na canceira de Armenteira
A Deputación de Pontevedra cederá a xestión das instalacións, nas que se investiron 200.000 euros, a Tragsa. Colectivos coma A Revira ou Os Palleiros denuncian que a empresa poderá exterminar os cans que non sexa quen de atender.
Down Galicia faise co premio Educaweb
Nesta edición presentáronse un total de 42 proxectos, e Galicia foi a terceira comunidade autónoma con máis proxectos presentados por detrás de Catalunya e Madrid
Ou acordo 'in extremis' ou folga de entregas de leite
Os sindicatos gandeiros prevén "paralizar" o mercado a partir desta medianoite a non ser que se acheguen posturas coa industria e a Administración na reunión desta tarde.
Lourenzo Maroño e Elena Sherevera e Camiño Noia, Premios de Tradución Plácido Castro
O xurado salientou o seu traballo nas traducións de Antoloxía da poesía rusa: de Pushkin a Evtushenko e O gran Meaulnes.
O soberanismo faise forte pola esquerda nunha Cataluña que castiga os recortes de Mas
CiU gaña as eleccións pero sofre unha dura caída ao perder doce escanos, malia que o apoio ao independentismo aumenta grazas ao impulso do nacionalismo de esquerdas. ERC dobra escanos e a CUP entra no Parlament con tres parlamentarios. ICV tamén mellora resultados e o PSC perde oito deputados.
Novo veto a bandeiras nacionalistas nun partido do Obradoiro
Afeccionados do equipo santiagués denuncian que lles foi retirada unha 'estreleira' no Multiusos Fontes do Sar. É o segundo veto a estes símbolos en menos dun mes.
Milleiros de berros en Galicia contra a violencia machista
Diversos actos reclamaron en todo o país máis recursos para as vítimas de malos tratos e para a sensibilización. "Son insuficientes", asegura a Marcha Mundial das Mulheres.