Un Culturgal para toda a familia
A feira cultural que comeza o venres en Pontevedra ofrece un amplo abano de actividades para os e as máis pequenas da casa.
Gandeiros e industrias chegan a un principio de acordo que podería suspender a folga
Os sindicatos proporán nas asembleas finalizar o paro logo dos compromisos adquiridos polas empresas e a Xunta e que se farían efectivos nos vindeiros días. O acordo aínda non é firme, pero a industria asume a súa culpabilidade no baixo prezo do leite e di que corrixirá a situación.
Galaxia cóntanos contos a través da rede
A editorial presentará no Culturgal dúas iniciativas que buscan aproveitar as posibilidades que abren as novas tecnoloxías para a difusión dos produtos literarios: Galaxia Tales, unha web de contos interactivos. E Galaxia Cómic, unha aplicación para ler novelas gráficas e en tablets e móbiles.
Trabállase na posta en marcha dun novo centro social en Compostela
Estará ubicado da zona de Sar e nestes momentos estanse realizando as tarefas de recuperación dunha casa abandonada.
O 'Mai Més' volve soar en Catalunya 10 anos despois
O sábado 1 de decembro a Plataforma Nunca Máis Catalunya e a Asemblea Cultural Galega de Barcelona organizan unha serie de actividades co gallo do décimo aniversario da traxedia do Prestige. Os actos terán lugar no Ateneu Roig (Gràcia) e no Ateneu 9 Barris (Trinitat Nova).
Os gandeiros tiran o leite e as perdas ascenden aos 4 millóns de euros
A falta de capacidade nos tanques provoca que se baleire o produto, do que xa se perderon 12.000 toneladas nas dúas xornadas de paro, que continúa á espera da xuntanza desta tarde.
Granell tamén era músico
No centenario do seu nacemento preséntase Miniaturas musicais de Eugenio Granell. Música revelada, un libro-disco con dez temas do creador surrealista adaptados en claves de free-jazz por un proxecto coordinado por Ramóm Pinheiro e no que Alejandro Vargas leva o peso.
Almunia impón a Novagalicia a súa venda e a "integración noutra entidade"
A UE pon esta condición para inxectar 5.500 millóns na entidade, que reducirá o seu tamaño nun 60%, eliminará oficinas e despedirá 2.500 traballadores, máis de mil na súa rede galega, antes de ser vendida ou liquidada. Bruxelas impón tamén quitas aos afectados polas preferentes.
"O decreto do plurilingüismo non crea problema ningún nas aulas"
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, insiste en que a Xunta "non ten previsto derrogar" a norma malia a decisión da Xustiza, pero aclara que "buscará unha vía satisfactoria", unha vez que o TSXG emita as sentenzas que faltan.
AGE critica o apoio da Xunta á familia propietaria de Povisa
A coalición de esquerdas manifesta o seu apoio "á loita das traballadoras e traballadores de Hospital Povisa", así coma o seu "rexeitamento ás políticas de recortes de dereitos e empobrecemento que a familia Silveria Martín está a impoñer"
A propietaria do Prestige acusa o Goberno de "prefabricar un desastre" coas súas decisións
O avogado de Mare Shipping acusa de levar o barco "ao corazón da tormenta" a López Sors, que culpa a rescatadora do "rumbo errático" e que insiste en que afastalo foi a mellor opción.
O BNG deixará de asistir ao palco do Obradoiro tras o veto ás bandeiras galegas
Os membros do grupo municipal nacionalista denuncian a retirada de 'estreleiras' das bancadas do Sar e animan os afeccionados a lucilas no vindeiro encontro do equipo compostelán.