Tres de cada dez asalariados galegos cobra menos de 1.218 euros
Case o 18% dos traballadores de Galicia teñen un salario inferior aos 1.008 euros, segundo os datos feitos públicos polo INE.
O Museo Interactivo da Historia de Lugo nace cunha mostra de arte galega contemporánea
Na mostra A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos son os propios artistas os que escollen unha obra súa, representativa da súa traxectoria, para esta exposición, convertida así nunha antoloxía da Arte Contemporánea galega.
O BNG abandona o Goberno municipal de Lugo
A Asemblea Local da fronte tomou a decisión por 38 votos contra 12 ante a negativa de Orozco a dimitir despois de ser imputado no caso Pokemon. Non facilitará o acceso do PP á Alcaldía. Audio no interior.
Necesita Ribadumia catro campos de fútbol?
O BNG denuncia que o Goberno municipal aprobou gastar 420.000 euros para mercar os terreos nos que construir un cuarto campo de fútbol para un Concello de 5.000 habitantes.
Bruxelas aproba o novo 'tax lease' e dá aire ao naval galego
Asegura que o novo sistema proposto polo Goberno español non é unha axuda pública.
Esquerda Unida cualifica de "farsa" o debate entre PP e PSOE sobre hipotecas
A executiva nacional de EU denuncia que o texto resultante é unha mostra máis da insensibilidade institucional do PP e afirma que "só beneficia á banca"
"Esta é unha película urxente por Palestina"
As imaxes de Película urgente por Palestina, de Alberte Pagán, rodáronse en 2011 nos territorios ocupados e conta coa voz de Dionísio Pereira para a narración na súa versión en galego.
Os ricos galegos, arrepentidos de investir en Novagalicia
Os grandes empresarios que acudiron á chamada de Feijóo para colaborar na recapitalización de NGB tratan xa co FROB a maneira de recuperar os seus cartos e séntense decepcionados co presidente da Xunta e Castellano.
Mangouras: "O Goberno español levou o Prestige a ningures"
O capitán do Prestige volve criticar no xuízo a xestión da catástrofe e o trato recibido polas autoridades tras ser detido. "Foi o peor día da miña vida", asegurou.
Instan a Almunia a non deixar desaparecer a obra social de Novacaixagalicia
O persoal de NCG reclámalle ao vicepresidente da Comisión Europea que faga o preciso para que a antiga caixa manteña a súa participación en Novagalicia Banco como "única vía" para preservar o seu labor social
Acusan o reitor da USC de entregarlle á Xunta a autonomía universitaria
Nunha carta aberta á comunidade universitaria os afectados e afectadas pola suspensión da convocatoria de prazas afirman que Casares se comprometeu con eles a desbloquear a convocatoria cando xa pechara un acordo co Goberno galego para retirala. Os sindicatos tamén denuncian "a intromisión na autonomía universitaria".
Para a CRMH, o PP ten "un clarísimo problema: non ter superado o franquismo"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña chama a "en troques de andar a rescatar bancos", rescatar "o Pazo de Meirás para o pobo galego" pois "foi roubado pola familia Franco e que aínda están a desfrutar gratis os seus descendentes".