Colectivos en defensa da ría de Vigo denuncian a súa contaminación ante os delegados da UE
Representantes de diversas plataformas trasladaron as súas inquedanzas á delegación comunitaria, que aseguran que ficou "sorprendida" polas eivas no coidado medioambiental da baía viguesa.
A presión social fai recuar ao PP, que di si á tramitación da ILP sobre desafiuzamentos
Os populares dan marcha atrás malia anunciar que votarían no. Aceptan a toma en consideración da iniciativa, pero xa anuncian que utilizarán a súa maioría absoluta para que non saian adiante as medidas reclamadas.
AGE abandona o Parlamento tras a expulsión dun dos seus deputados
A polémica volve á Cámara logo de que o presidente da Cámara expulsase a David Fernández, que ironizou coa "corrupción" do PP, os "sobres" de Bárcenas e "os traxes de Camps". AGE recorrerá e cualifica a decisión de "ataque inaceptábel á soberanía popular". Vídeo no interior.
O Parlamento dá vía libre ao aumento de horarios comerciais co único apoio do PP
A Cámara inicia a tramitación da nova lei pola vía da urxencia e con toda a oposición en contra, que acusa os populares de "someterse ao Goberno central e ás grandes áreas" e "prexudicar o pequeno comercio".
Catrocentos faxes contra as touradas na Coruña
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas impulsa unha campaña de ciberactivismo para protestar contra o subsidio aos touros e a falta de resposta do Concello á petición de reunión. Os abolicionistas agardan superar o milleiro de envíos para rexeitar os subsidios á feira taurina na Coruña
O PP cede un chisco na súa política fiscal
Os populares acordan co PSdeG unha emenda aos Orzamentos que elevará un 20% o imposto de patrimonio, aínda que se mantén o mínimo exento en 700.000 euros.
A Fiscalía pide 18 meses de cadea para cinco sindicalistas por desordes na folga do 27-X
Acúsaos de queimar unha barricada durante o paro xeral convocado polos sindicatos nacionalistas en 2011.
Feijóo pide agora máis tempo a Pemex para que Barreras consiga os avais do flotel
A Xunta espera acadar "unhas semanas máis" de prazo e non descarta que os dous buques prometido se acaben construíndo só en Navantia. Abel Caballero advirte de que non tolerará "que se leven barcos que se teñen que facer en Vigo a outros estaleiros de Galicia"
Besteiro volve apremar a Pachi Vázquez e pide "non caer na compracencia"
“Non me conformo con que ao PP lle vaia mal, o que me preocupa é como o PSOE se fortalece”, di o presidente da Deputación de Lugo, que espera que o secretario xeral do PSdeG aclare "axiña" a fórmula para elixir o novo líder.
Máis de 2.000 afectados de Corcoesto recorren a Declaración de Impacto Ambiental da mina
A plataforma contraria á explotación mineira considera que o aval ambiental está fundamentado en "falsidades" e "ocultacións interesadas" da empresa e ignora a realidade socioeconómica da zona, din
Expedientados dous edís coruñeses do PSdeG por defender a "transparencia urbanística"
Os dous concelleiros expedientados defenderon o voto favorable do PSdeG á moción presentada polo BNG na que se pedía a investigación de posibles irregularidades na urbanización de Someso, a posta á disposición da Xustiza de todos os datos que constan no Concello e, chegado o caso, a depuración de responsabilidades políticas.
Jazz, fútbol e orfidal
Praza Pública