O Goberno portugués cede á presión da rúa e dá marcha atrás no recorte dos salarios
A decisión foi adoptada polo Consello de Estado nunha xuntanza que durou até a madrugada e que tiña milleiros de manifestantes ás portas. As sondaxes amosa unha forte caida do PSD do primeiro ministro Passos Coelho.
Jorquera: "Non é posible unha saída xusta á crise se non se avanza cara á soberanía"
O candidato do BNG reclamou en Ourense un novo financiamento autonómico para Galicia a través dun "concerto económico".
"Que nos escoiten desde Compostela até Bruxelas: Somos aforradores, non especuladores"
Os afectados polas preferentes percorren as rúas de Santiago para esixir a devolución dos seus cartos e rexeitar a solución da arbitraxe.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos multa o Reino Unido pola súa 'prisión permanente revisable'
Terá que indemnizar tres presos aos que se impediu acceder aos cursos de rehabilitación. O sistema británico é moi semellate ao adoptado por España despois da reforma do código penal anunciada por Gallardón.
Ourense, centro da política galega a un mes das eleccións
Rajoy e Jorquera celebraron actos na cidade das Burgas, mentres que Pachi Vázquez estivo o venres. Feijoo celebrou un acto na Coruña lonxe do presidente do Goberno central. A detención do alcalde da cidade, os movementos do partido de Mario Conde na provincia ou os millonarios investimentos da Xunta a última hora puxeron Ourense no centro da actividade dos partidos esta fin de semana.
'Pokemon': entre a opacidade de Véndex e as dúbidas polo momento escollido para a investigación
Francisco Rodríguez declara este sábado pola mañá no xulgado de Lugo. Adolfo Gacio, alcalde popular de Boqueixón, ficou imputado por seis delitos, entre eles suborno, prevaricación e blanqueo de diñeiro.
"A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos"
A Marcha Mundial das Mulleres lanza unha campaña en dez países para denunciar o agravamento da situación mulleres provocado polas políticas "que os diferentes gobernos conservadores están a pór en práctica coa escusa do crise económica".
As cidades galegas, tomadas polos vehículos privados
Un estudo de Siemens sitúa as urbes de Galicia lonxe dos mellores indicadores de sustentabilidade e sinala especialmente os problemas de mobilidade da Coruña e Vigo. Neste senso, un informe elaborado polo Espazo Ecosocialista denuncia que nas dúas urbes entran cada día 250.000 e 220.000 vehículos e reclama medidas para fomentar o transporte público e a bicicleta.
Haberá tres debates a dous entre PPdeG, PSdeG e BNG
O luns 8 de outubro será a quenda de Núñez Feijoo e Pachi Vázquez. O martes 9 debaterán Vázquez e Jorquera. E o mércores celebrarase o encontro entre o candidato do PP e o do BNG. Terán lugar na CRTVG.
O Departamento de Filoloxía Galega da USC manifesta o seu malestar pola perda de prazas de profesores
Critica que a universidade decidise prescindir de tres profesores asociados, que unen á xubilación doutros dous docentes, a perda dunha investigadora do programa Parga Pondal ou a impugnación do proceso de promoción dunha profesora á categoria de titular.
Acusan a Xunta de mentir sobre o twitter en galego "para poder presentar algún adianto para a lingua"
Carlos Callón pídelle ao Goberno galego que pida perdón por se apropiar "dunha conquista realizada pola presión social e na que non tivo absolutamente nada a ver”. Insta a Feijoo a permitir que a materia de Tecnoloxía se imparta en galego.
Convocan manifestacións pola industria en Ferrol e Vigo en plena campaña electoral
CCOO e UGT protestarán nas dúas principais cidades industriais de Galicia "contra as políticas de recorte que provocan a destrución do tecido produtivo e do emprego" no país.