Memoria de Alan Turing
Daniel Piso faille unha homenaxe a Alan Turing, precursor da informática moderna, e do que neste 2012 celebramos o centenario do seu nacemento. En Cianuro nas Mazás, o blog de ciencia de Praza.
Piden a retirada do Honoris Causa da UDC a José Luís Méndez
Os Comités solicitan a retirada desta distinción ao ex director xeral de Caixa Galicia por ser "xunto co resto de directivos das caixas galegas, responsábel da actual crise do sector financeiro galego".
Os afectados pola suspensión da convocatoria de 34 prazas na USC piden unha reunión co reitor
Sinalan que estas prazas non implican un incremento do persoal laboral da USC nin da masa salarial autorizada pola Xunta de Galicia ao seren "transformacións de contratos xa existentes en figuras específicas e graduais da carreira universitaria".
A “desmobilización” contra as peaxes da AP-9: entre o "éxito" e o silencio de Audasa
Os organizadores da protesta sinalan que o tráfico na autoestrada se reduciu ao redor dun 15% este martes, segundo os sensores da DGT, e denuncian a "falta de sensibilidade" da empresa concesionaria, á que lle seguen esixindo que rebaixe os prezos ao igual que o fixo noutras comunidades autónomas.
O PP veta que se devolvan todos os cartos ás vítimas das preferentes
Os populares argumentan que iría en contra da lexislación europea e acusan o PSOE de ser o causante da "estafa" destes produtos financeiros.
"O 21-O non foi un plebiscito que avalase a Rajoy, o plebiscito son os seis millóns de parados"
Ignacio Fernández Toxo participou na Asemblea Nacional de CC.OO. en Galicia, que avaliou os resultados electorais salientando o avance de AGE, celebrou a unidade de acción sindical e serviu para preparar a folga xeral do 14N.
Dez anos sen novos parques naturais en Galicia
A asociación Monte Pindo reclama esta protección para o espazo carnotán e lembra que dende 2002, cando se nomeou a Serra da Enciña da Lastra, a Xunta non volveu crear un parque natural.
'Plantón' de pais, sindicatos e alumnos no Consello Escolar do Estado
Abadonan o pleno no que se discutía a reforma educativa do ministro Wert en protesta pola non tramitacion dun ditame alternativo.
Crise, EREs... A banda deseñada do real
Idoia de Luxán Vázquez lanza unha inixiativa de crowdfunding para financiar a edición e distribución de Alleos, un cómic sobre a situación económica que relata como a historis de varios traballadores que dan un xiro radical á sua vida despois do ERE da súa empresa.
O día de 'Nós'
Asociación proCentenario de Nós 2020 celebra este martes en Ourense unha completa xornada de actos para conmemorar o aniversario do nacemento da revista, en 1920.
O PP vence no voto emigrante cunha abstención do 96%
O sufraxio rogado fai caer a mínimos históricos a participación das persoas inscritas no CERA. O BNG é terceira forza en Lugo, AGE na Coruña e Pontevedra e Mario Conde, en Ourense.
"Nesta crise aprovéitase para eliminar certas actividades, entre elas as artes escénicas"
Escena Galega celebrou este luns as súas xornadas de debate, centradas nesta ocasión na relación coas administracións públicas e cos medios de comunicación. O seu presidente, Salvador del Río, demanda que "os cidadáns teñen que ter garantido o acceso á cultura propia". Audio no interior.