Galicia suma case 8.500 parados máis e alcanza unha cifra récord de desempregados
O paro aumenta en outubro un 3,2% fronte ao 2,7% do conxunto do Estado, que acada tamén números históricos. A comunidade autónoma ten un 10,6% de parados máis que hai un ano.
Redes sociais: A saída da crise para as pemes?
A Adega María do Pilar de Castrelo do Miño é un exemplo de empresa de pequeno tamaño que se lanza a empregar a rede como forma de sortar a crise, principalmente a través de twitter e un blog.
Pachi Vázquez: "O responsable da derrota son eu, pero o problema do PSOE é máis amplo"
Nunha entrevista concedida á Cadena Ser o líder do PSdeG-PSOE afirma que non vai "saír correndo" e rexeita a conformación dunha xestora. Reafírmase na súa intención de pilotar a transición do partido até o congreso nacional do vindeiro ano.
A Batería de San Cristovo: Outro espazo público recuperado
O grupo cidadán que se dedica a recuperar espazos públicos na comarca de Ferrol finaliza os traballos nesta instalación militar abandonada. Anuncia que a vindeira semana comezará a intervir noutro lugar. Volve denunciar o desbalde de 700.000 euros nas obras da Praza de España.
Merkel pide cinco anos máis de austeridade para saír da crise
Nun congreso rexional da CDU a canciller aposta por manter a austeridade en Europa durante cando menos cinco anos "para convencer o mundo de que vale a pena investir na UE". Prégalles aos demais países que "aguanten a respiración".
O futuro é aqui (distopia brasileira)
Xoán Carlos Lagares reflexiona sobre o milagre brasileiro deitando algo de escepticismo á vista na pobreza que ainda persiste. En Notícias do Brasil, o blog de Praza sobre o país
Libros 2x1 dende Carballo
Quequeres edicións bota a andar cun libro dobre: Primavera de Navallas (poemario de Xurxo Chapela) e Solpor en Waterloo (unha obra de teatro de Xosé Manuel Garcia). Tamén edita os últimos discos de Quant e Burgas Beat. Todo da man de Xabier Graña (Xiria Pop) e co deseño do finado Alberto Gende
AGE prepárase para o traballo parlamentario e Yolanda Díaz avisa de que non serán unha forza "morna"
Esquerda Unida celebrou Consello Polítíco Nacional para avaliar os resultados electorais. ANOVA e EU decidirán este luns a maneira en que se organizará o seu traballo parlamentario.
O TSXG dálle a razón á CIG, discriminada pola Xunta na concesión de cursos de formación
O tribunal falla a favor do sindicato e anula esta convocatoria de accións formativas. Recoñécelle a FORGA o dereito a percibir as axudas solicitadas.
Os profesores asociados da Universidade de Vigo piden o mantemento dos seus postos
Acusan o reitorado de "perseguir a expulsión" deste grupo de docentes ao abeiro do decreto de medidas urxentes de racionalización do gasto en educación do Goberno de Rajoy.
O 'Manifesto por un ciclismo crible', a debate
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, publica en galego o texto difundido por L’Equipe, La Gazzetta dello Sport, The Times, Het Nieuwsblad e Le Soir, e propó un debate sobre el.
Orozco sitúa a Besteiro en primeira liña para suceder a Pachi Vázquez
Con todo, Orozco afirmou que lle peocupa máis "o discurso" que os nomes: "iso é o que temos que resolver con tranquilidade, nunha conferencia política a nivel do partido federal e de Galicia.