O SLG denuncia que o prezo do leite segue baixando
O prezo pagado aos gandeiros foi descendendo mes a mes dende os 31’8 céntimos por litro de xaneiro, até os 29’9 de abril e calcúlase que en xuño o prezo podería ser dous céntimos inferior. O sindicato esíxelle a Feijóo que cumpra cos compromisos adquiridos na Mesa do Leite do 5 de xuño.
A renda per cápita en perspectiva: menor que en 2007, moito maior que en 1995
O blog de análise económica galega A furada do trasno debulla os últimos datos sobre a renda per capita dos países da UE, que indican que España se volve situar por debaixo da media, e compáraos cos de hai 15 anos.
Na procura da transformación do rural dende a agricultura ecolóxica
O IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica celébrase na Facultade de Económicas da Universidade de Vigo entre este xoves 21 e o sábado 23, coa participación de 200 expertos, investigadores e labregos.
A Xunta cre "un paso necesario" converter Novacaixagalicia nunha fundación especial
O Executivo aposta por un cambio que piden os traballadores na asemblea xeral celebrada este mércores na Coruña
Cada minuto, oito persoas convértense en refuxiadas
Distintos colectivos conmemoran este mércores o Día Mundial Refuxiados, salientando que no mundo hai 42,5 millóns de persoas desprazadas e denunciando situacións coma as dos campos de Dadaab, en Kenia, con medio millón de poboadores. En España as solicitudes de asilo aceptadas descenden ano a ano.
En Oxford collen todas as nacións da Península
A prestixiosa universidade acolle a décimo quinta edición do Forum for Iberian Studies, centrado nesta ocasión na análise das identidades nacionais a través da literatura e o audiovisual. Bernardo Atxaga inaugura este mércores o congreso, no que participan Margarita Ledo, Diego Ameixeiras, José Manuel Sande ou Belén Regueira, entre outros galegos e galegas.
Lugo acollerá o I Congreso de Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía
Igaciencia organiza, coa colaboración do Concello de Lugo, para os vindeiros días 2 e 3 de xullo o encontro, enmarcado no ano galego da Tecnoloxía. Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia.
Un acto en Lisboa reclama a función de "servizo público" da cultura
O manifesto Cultura e Futuro preséntase este martes pola tarde no Teatro São Luiz da capital portuguesa. Actores, músicos, escritores e políticos denuncian que se usa a crise económica como excusa para rematar co carácter profesional das artes..
Seguimento masivo nas folgas convocadas nas concas mineiras de Asturias e León
Á convocatoria uníronse novos cortes nas estradas e vías férreas, e un peche de traballadores en Cangas de Narcea. Coincide cunha decisiva votación no Senado para a aprobación dos Orzamentos e a proposta de redución dos fondos acordados para a minaría.
Os partidos que apoian o rescate gañan as eleccións en Grecia
Con máis do 95% escrutado, Nova Democracia obtén case o 30% dos votos, mentres que o Pasok suma algo máis do 12%. A coalición de esquerdas Syriza queda co 26%. Os neonazis manteñen o apoio e acadan o 7%.
Néstor Rego, novo secretario xeral da UPG
O ex tenente de alcalde en Compostela será o líder da Unión do Povo Galego en substitución de Francisco Rodríguez. No seu primeiro discurso, tende a man ás diferentes sensibilidades do nacionalismo.
Feijóo culpa da rebaixa da débeda de Galicia á situación española
O presidente atribúe o descenso na cualificación da débeda da autonomía á crise en España, pola que non a cre preocupante. "Galicia é a comunidade máis solvente do Estado" insiste.