Quen son os tolos que aínda patrocinan equipos ciclistas?
Coa que está caendo no mundo en xeral e no mundo do ciclismo en particular segue habendo insensatos que gastan o carto en patrocinar equipos ciclistas. Pero que venden? Que é Quickstep? Que é Lampre? O blog de ciclismo de Praza Elos e Canelas explícao polo miúdo.
Xarmenta volve propor o berciano Antonio Fernández Morales para as Letras 2013
A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta solicítalle á Real Academia Galega que o poeta Antonio Fernández Morales sexa o persoeiro escollido para a celebración fundamentándose en que: "Antonio Fernández Morales publicou en lingua galega a súa obra Ensayos poéticos en dialecto berciano en 1861, dous anos antes de que Rosalía publicase Cantares Gallegos"
Ferrol vólvese botar á rúa polo naval
Unhas 20.000 persoas, segundo os sindicatos, e unhas 30.000 segundo a Policía anegan as rúas ferrolás reclamando compromiso dos gobernos cos seus estaleiros
Causa Galiza chama a celebrar "un Día da Patria unitario"
A plataforma independentista "renuncia a convocar a súa propia manifestación" para que "as soberanistas e independentistas poidan mobilizarse baixo unha única bandeira"
A aposta de Caballero gana o congreso do PSdeG de Pontevedra
O concelleiro vigués Santos Héctor imponse no último dos cónclaves provinciais dos socialistas galegos.
Calveiro e o 'tándem' de María e Manuel Lorenzo, triunfadores dos Xerais 2012
O diálogo intercultural de Palabras de Auga faise co Merlín e a "beleza" de Tonas de Laranxa adxudícase o premio de novela
CIG e ELA denuncian ante o Supremo a Rajoy, Zapatero e Aznar
Os sindicatos nacionalistas acúsanos de prevaricación e de ser responsables "por acción ou omisión" da crise económica e de consentir que o poder financeiro controlase o Estado.
O Galician Bizarre invade Madrid... e non fará prisioneiros
Monstruo, Metralletas Lecheras, Lobishome, Terbutalina, Los Televisores, Lee Van Cleef, Alarido Mongólico e Mano de Obra actuarán este venres e sábado na Romaría Galician Bizarre, que se celebrará na Sala Rock Palace.
Novagalicia precisará 3.400 millóns máis do Estado
Necesitaría esta cantidade para poder cumprir cos decretos de saneamento e sería inxectada polo Goberno no caso de que NCG non lograse ser vendida neste ano.
Unha escolma (calquera) de arte galega
Andrés Rodríguez Morado publica no blog de arte de Praza, Emprazarte, unha homenaxe ao patrimonio cultural galego, "a través dunha unha compresión zip cronolóxica, para disfrutármonos neste verán que despunta"
A Coruña acollerá a Conferencia pola Abolición da Tauromaquia coa feira taurina no aire
O sábado 16 de xuño expertos procedentes de Portugal, Catalunya ou Holanda debatirán sobre a oposición cidadá a este espectáculo e as fórmulas de financiamento público que o sustentan. Segue sen confirmarse se haberá feira taurina este verán, despois de que os dous promotores das últimas edicións renunciasen a organizala.
Rede Feminista e Cineclube de Compostela acusan o Concello de querer "expulsar a cultura da cidade"
As dúas entidades, obrigadas a pagar máis de 400 euros por día por proxectar filmes na rúa, din que o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá "mentiu" cando afirmou que non se cobrarían taxas ás asociacións sen ánimo de lucro. Chaman a participar nas ocupacións populares da Praza do Toural, que terán lugar as tardes dos venres de xuño para protestar contra a "privatización das rúas".