A Xunta obriga a USC a suspender a convocatoria de 16 prazas de profesor
En xullo o Ministerio de Facenda interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra a convocatoria. A reitoría optou por suspender esas prazas pero negociou coa Xunta a súa convocatoria como persoal laboral contratado, pero o compromiso só se mantivo até as eleccións.
Pachi Vázquez, convencido de que o PSOE debe "actualizar proxecto e mensaxe"
O secretario xeral do PSdeG subliña que a súa "sensación" é que os socialistas deben "incrementar o traballo" para volver "sintonizar coa sociedade" ao tempo que manifesta "apoio pechado" a Rubalcaba
Os ecosocialistas ven o resultado de AGE coma "o éxito da unidade e da transversalidade"
Espazo Ecosocialista celebrou unha reunión do seu Consello Político Nacional que celebrou o "resultado espectacular" da coalición e a súa conexión "cos sectores máis dinámicos do país, especialmente coa mocidade"
Os premios INNOVA-G recoñecen Buydeal, o 'Groupon' galego
A plataforma de comercio electrónico xa obtivo o pasado ano o galardón de EGANET ao mellor proxecto de negocio online
Galeusca denuncia a "invisibilización" das literaturas galega, catalá e vasca nos medios
A federación que agrupa as asociacións de escritores en galego, catalán e euskera celebrou o seu encontro anual esta fin de semana en Donostia. Denuncia igualmente un proceso de recentralización no ensino
O PSdeG acusa á Xunta de "sentenciar" o hospital galego de Bos Aires por causas políticas
O Goberno arxentino vén de intervir o centro sanitario integrado no Centro Galego bonaerense a causa da súa asfixia económica
Compromiso fixa o seu congreso constituínte para o 16 de decembro
O líder da formación galeguista, Xoán Bascuas, coida que o "verdadeiro test" de CxG serán as municipais de 2015
Anova promete unha "oposición xenuína ao PP" tras o "excelente" resultado de AGE
A formación que lidera Xosé Manuel Beiras celebra a súa primeira Coordinadora Nacional tras as eleccións para poñer en marcha o "traballo de consolidación e organización"
75 anos dos mortos no Acevo
A Fonsagrada homenaxea este sábado os 14 milicianos mortos en 1937 pertencentes ao Batallón Galicia, entre eles o Comandante Moreno, ecuxos corpos foron exhumados en 2007 dunha foxa común
Representacions do Intelectual: A tribu -imaxinaria- de Suso de Toro
Praza Pública
A CIG ratifica a convocatoria de folga xeral para o 14-N
O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, chama á "contestación social" ante os recortes malia ao "estado xeral de desánimo" provocado polos resultados das eleccións do 21 de outubro
Crowdfunding para deter as touradas
Libera e Galicia mellor sen touradas lanzan unha iniciativa para financiar unha campaña que informe os turistas internacionais sobre o uso de cartos públicos na Coruña para subvencionar as corridas de touros