Praza Pública

Praza Pública

  • Lectura para a fin de semana: 'O clan do oso das cavernas'

    O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller cromagnon, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Praza ofrécevos os dous primeiros capítulos.

  • O 'Atlético de Madrid' de Tetuán gaña a liga marroquí

    O Moghreb Atlético de Tetuán (MAT) alzouse co campionato da primeira división de fútbol ao imporse ao FUS de Rabat por 1 gol a 0. É a primeira vez que gaña a liga este equipo, singular por ter xogado na Primeira División española, cando o norte de Marrocos aínda era unha colonia, e por ter un acordo de máxima colaboración co clube do Manzanares. Unha crónica de Correo Diplomático.

  • "Feijoo, atende, a sanidade non se vende"

    Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación de SOS Sanidade Pública, que criticou os recortes efectuados polos gobernos galego e español e alertou do risco de privatización. Participaron numerosos representantes políticos, de BNG, PSdeG-PSOE, EU, +G ou EI, entre eles Pachi Vázquez, Francisco Jorquera ou Xosé Manuel Beiras.

  • As asembleas do NPC traballan na convocatoria dunha Asemblea Nacional

    Representantes de 43 asembleas, locais e comarcais, reunidos en Teo, asinan un manifesto para a creación dunha nova organización de carácter asembleario e integración individual. Establecen unha coordinadora, que volverá reunirse o 16 de xuño para "empezar a falar da convocatoria dunha asemblea nacional"

  • Caamaño sinala o goberno da Xunta como obxectivo tras ser elixido líder do PSdeG na Coruña

    Francisco Caamaño foi elixido esta tarde secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, ao obter o 58,8% dos votos e superar a José Manuel Lage (20,5%) e Valentín González Formoso (20%). Os tres candidatos negociaron durante horas un acordo de integración, que ao final non se produciu. No seu primeiro discurso Caamaño prometeu que "nunca defraudarei" e afirmou que "imos gañar a Xunta".

  • Quanto sabes sobre o Porto?

    AGAL e Andaime organizam aPorto. São cursos de língua realizados no Porto, com uma semana de duração, que decorrem no verão e que incluem aulas de manhã e atividades culturais e conversas informais de tarde. Sorteamos uma estadia de graça entre as pessoas que conseguirem mais acertos um teste de 15 perguntas sobre o Porto

  • Dez voces galegas "por unha democracia radical"

    Estaleiro Editora presenta Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, unha compilación de textos de Antom Santos, José Ángel Brandariz, Miguel Fernández, Francisco Sampedro ou David Rodríguez, que quere ser "un acto de afirmación colectiva e unhaa ferramenta de pensamento e acción para a sociedade galega". Preséntase este sábado 2 en Vigo, na Asociación Cultural Bou Eva.

  • Compromiso por Galicia reúnese o mércores cos asinantes da “Declaración de Gernika”

    Acudirán Gonzalo Constenla e Manuel Dios, e tamén se agarda a participación do Encontro Irmandiño. A este xuntanza acudirán como representantes do Acordo de Gernika Oskar Matute de Alternatiba, Ibon Rodríguez de Aralar, Niko Moreno de Esquerda abertzale, Alberto Unamunzaga de Eusko Alkartasuna, Andoni Rojo de Gazte Independistak, Jon Garai de Herrira, Jon Bergaretxe de LAB e Iosu Zalbidea de STEE_EILAS.