Manu Chao revoluciona Bemposta por segunda vez
O Reperkusión pechou este sábado tres días de concertos e moito máis: malabares, trapecio, clown, mercadiño, acampada... O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos e de máis de tres horas de duracións en cada caso. Galería con imaxes de Brais Seara no interior.
"A xente estase manifestando pola comida e polo idioma"
A manifestación a prol da lingua sumou un chanzo máis no ciclo de mobilizacións contra a xestión dos gobernos de Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, iniciadas coas protestas polas tesoiradas na sanidade e no ensino e contra a reforma laboral, que tiveron a súa máxima expresión na folga xeral do 29M. Unhas mobilizacións que a uns meses da celebración das eleccións autonómicas alimentan a posibilidade de que haxa un cambio político en Galicia.
Feijoo é "un gato doméstico coas uñas limadas” fronte aos recortes de Rajoy, segundo o PSdeG
Xoaquín Fernández Leiceaga reclámalle ao presidente da Xunta que presente un recurso de inconstitucionalidade fronte ás tesoiradas no ensino e a invasión das competencias de Galicia. Así mesmo, propón que non se suban as taxas universitarias e que se incrementen as bolsas de ensino para que “ninguén deixe de estudar por motivos de renda”.
Valencia, Madrid e Castela e Léon admiten máis déficit do anunciado
A suma destas desviacións suma uns 3.000 millóns, o que incrementa en tres décimas o desaxuste previsto polo Goberno central. Galicia sitúase como a comunidade con menos déficit, cun 1,61% do PIB.
A Xunta declara deserto o concurso para as licenzas de radio en FM
Logo dunha modificación normativa que podería entrar en conflito coas bases do propio concurso
O PSdeG acusa a Feijoo de aceptar unha nova tesoirada, imposta por Madrid, despois de tres anos de recortes
María José Caride acusa o presidente da Xunta de obrigar a pagar 50 millóns de euros en medicamentos a pensionistas e asalariados e a pesar diso pechar 2012 co dobre de endebedamento que cando chegou ao Goberno. Pídelle que “priorice o benestar dos galegos e diga non á invasión de competencias por parte do Estado fronte aos intereses partidistas”.
A RISGA será compatible con ingresos por traballos esporádicos
A Xunta anuncia que a próxima Lei de Inclusión Social busca favorecer, deste xeito, a incorporación ao mercado laboral, loitando ao mesmo tempo contra a economía somerxida.
"A lingua deste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel"
A voz calma de Agustín Fernández Paz converteu a Quintana no salón dun fogar de milleiros de persoas que o escoitaron con respecto defender "a lingua de noso". "Imos sempre coa verdade por diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas", proclamou, e engadiu que a protección do idioma debe vir tamén acompañada de "alegría", subliñou, para "desmontar na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego". Vídeo no interior
Reperkusión abre as súas portas co primeiro dos dous concertos de Manu Chao
Este xoves 17 de maio comeza a décima edición do Festival Reperkusión: tres días e tres noites de festicultura, con circo, pasarrúas, mercadiño e moita
música. Manu Chao é o cabeza de cartel do festival: ofrecerá dous concertos (xoves e sábado) nunha edición que por primeira vez se celebra na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense.17 Vitaminas para os medios e para a lingua
Vitaminas para o galego estrea web no día das Letras, con vídeos nos que dende 17 lugares do mundo (de Irlanda a París pasando pola Patagonia ou Granada), 17 centros de ensino e 17 concellos galegos, distintas persoas len o manifesto da plataforma de medios de comunicación en galego.
Reinventar o "universalismo"
Praza PúblicaPresentan en Portugal un manifesto por unha esquerda aberta, unida "e sen cesións á dereita"
É iniciativa dun conxunto de militantes do Bloco de Esquerdas, dos sectores criticos do PS ou independentes e alertan de que “Portugal afunda-se, a Europa divide-se e a esquerda assiste, atónita”. A presentación oficial terá lugar este xoves en Lisboa