Os tradutores de software libre ao galego poñen fin á súa 'Trasnada'
O evente qeu reúne os tradutores de software libre que traballan baixo o paraugas do Proxecto Trasno puxo o seu punto final onte na Coruña
Besteiro dá o "paso" en Lugo para que o PSdeG "volva ser referencia política" en Galicia
O presidente da Deputación é elixido por aclamación secretario provincial dos socialistas e contrapón o seu "galeguismo integrador" coa "neodereita" do PP. Raúl Fernández foi reelixido líder do PSdeG de Ourense.
Pallasos en Rebeldía comezan unha xira por México en defensa dos pobos indíxenas
Iván Prado actuará para as 50.000 persoas que encherán o Foro Sol do Wirikuta Fest, en México DF, en solidariedade co pobo Huichol e en contra das minas a ceo descuberto que o goberno mexicano quere abrir no Deserto de Wirikuta
Os intereses cruzados do PP e as empresas adxudicatarias do novo hospital de Vigo
Vén de presentarse A saúde como negocio, un libro colectivo coordinado por Pablo Vaamonde e editado por Laiovento que afonda na defensa dos servizos públicos e nos riscos de privatización da atención sanitaria. Ofrecémosvos un dos capítulos, obra da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, que denuncia os intereses empresariais e políticos ao redor da construción do novo centro hospitalario.
Esquerda Unida presentará mocións na Coruña e Vigo para que a Igrexa pague o IBI
Piden que os plenos municipais defendan a modificación da lexislación e que as novas cantidades recadadas supoñan a un incremento do gasto social dos concellos. Na rede puxéronse en marcha peticións cidadás en Compostela e A Coruña para rematar cos privilexios fiscais da Igrexa.
Amnistía Internacional denuncia o uso excesivo da forza por parte da policía en manifestacións
No seu Informe Anual fai fincapé nas cargas dos Mossos d'Esquadra contra o 15M en Barcelona e sinala unha vez máis os casos de detención en réxime de incomunicación nas cadeas españolas. Porén, salienta o fin da violencia de ETA. No contexto internacional lamenta que a primavera árabe ficase nunha "oportunidade perdida" e critica a "inoperancia" da ONU.
A eurocidade de Tui e Valença acolle unhas xornadas de debate sobre as fronteiras
Expertos en comunicación e desenvolvemento de Galicia, Portugal e América Latina afondarán este xoves, venres e sábado no funcionamento das eurocidades, eurorrexións e das comunidades que se asentan a ambas as dúas beiras destas delimitacións.
Investigadores galegos e cataláns desenvolven un sistema para predicir mareas vermellas
O dispositivo chámase Purga de Mar e emprega técnicas de Intelixencia Artificial. O promotor é un consorcio público-privado de I+D integrado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Generalitat de Catalunya, a Universidade de Vigo, Ecohydros, Anfaco, Enviromar e o Grupo Linamar.
O Seminario Galego de Educación para a Paz trasládase a Herbón
O SGEP toma esta iniciativa para impulsar a creación do Centro Internacional pola Paz, en entredito pola negativa da Xunta de declarar BIC o convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón.
Reorganizar Galicia en trinta comarcas?
Tras elaborar unha proposta de reordenamento municipal en 142 concellos Leandro Regueira amosa unha posible reorganización dos mesmos nunha trintena de espazos comarcais
Nova Escola Galega recolleu o Pedrón de Ouro, xente grande para un país grande
A casa de Rosalía, en Padrón, acolleu o acto, no que interviron Fina Casalderrei e Mariló Candedo, e ao que acudiron ducias de persoas. Entre elas, Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Antón Costa, Xosé Manuel Beiras, Encarna Otero, Xulia Guntín, Martiño Noriega, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, Francisco Fernández Rei ou Víctor Freixanes.
A páxina que agrupa a información cartográfica de Galicia rexistra 75 mil visitas en dous días
Na web pódense consultar e descargar a Base topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo do ano 2005, a ortofotografía do PNOA do ano 2009-2010 e a ortofotografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inédita que superpón 4000 imaxes da época coa toponimia actual.