O Goberno central obvia un bombeiro galego na homenaxe aos falecidos nos incendios
A asociación de traballadores do servizo contra incendios da Xunta "lamentan" que Rajoy non incluíse a Higinio Vivas, falecido en marzo nun lume en Castrelo do Val, no acto de recoñecemento celebrado en Madrid
O referendo de independencia de Escocia será en 2014 e terá unha soa pregunta
Os gobernos do Reino Unido e de Escocia anuncian un acordo sobre o plebiscito, que terá lugar no 700 aniversario da batalla de Bannockburn, como quería o SNP. Porén, Cameron consegue que as opcións se reduzan a si ou non á secesión, descartando unha opción intermedia que concedería máís autonomía a Edimburgo.
Sabotaxe a unha furgoneta de campaña do BNG
Tres das catro rodas dun vehículo do Bloque aparecen picadas.
Bassi: "O resultado electoral en Galicia vai ter unha gran repercusión en toda Europa"
"Se estou aquí é porque hai eleccións. Se gaña Rajoy verá convalidados os recortes. Os votantes galegos teñen unha gran responsabilidade". Leo Bassi pasará toda a campaña electoral en Galicia, actuará en Vigo, Lugo e Teo, e o martes 16 convida a todos a subir o seu Bassibus, unha visita guiada á Cidade da Cultura que incluirá algunhas sorpresas.
Contra a obsolescencia programada, nace en Vigo un taller de reciclaxe de computadores
LazarusHack conta xa cun local na cidade para recibir doazóns. Alí amañan e poñen a punto os equipos e axudan os usuarios a pasar ao software libre. O colectivo anima a xente a non tirar ao lixo compoñente que son perfectamente válidos.
CxG 'cólase' nos debates da TVG: "Saíron empatar a ceros, e aburriron: cero propostas, cero solucións"
A formación difunde tres vídeos nas redes sociais nos que achega a súa visión sobre os debates televisados que comezaron o luns e que se pechan este mércores. Acusan os partidos participantes que non ter entrado "nos problemas reais" da xente.
O ERE de El País deixa na rúa oito dos doce traballadores da delegación galega
No conxunto do xornal incluirá 128 despidos, 21 prexubilacións e un 15% de redución de salario. Os redactores inician unha folga de sinaturas e preparan 18 días de paros. Joaquín Estefanía enfrontouse a Cebrián na reunión na que se anunciaron as medidas.
A Xunta Electoral prohíbe un debate entre as mocidades de PP, PSdeG e BNG
A autoridade electoral veta o coloquio previsto en Lugo entre Novas Xeracións, Xuventudes Socialistas e Galiza Nova por non considerar "adecuado" o lugar no que se ía celebrar
O PSOE leva a Castelao Bragaña á Fiscalía e compárao co imán de Fuengirola
Cre que nas declaracións do ex presdiente do Consello Xeral da Cidadanía Española pode existir un delito de "provocación á violencia contra as mulleres" e pide a Feijóo e Fátima Báñez que "se desculpen publicamente polo seu nomeamento".
A 'Ultranoite' chega á Coruña e presenta o alcalde de 'Marinaleda City'
O espectáculo de Chévere chega á cidade herculina por vez primeira e terá funcións os días 11, 12 e 13 no Fórum Metropolitano. Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Carlos Santiago, Marcos Ptt ou Iria Pinheiro porán en escena "o electricista da catedral de Santiago, o seu partenaire o Deán ou Chavela Farjas".
Milleiros de persoas maniféstanse "pola industria, o emprego e o estado de benestar"
As marchas de Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcia foran prohibidas nun primeiro momento polas xuntas electorais. Os secretarios xerais de CC.OO. e UGT estiveron en Vigo e denunciaron que dos 170.000 empregos destruídos en Galicia entre 2008 e 2012, 55.400 corresponderon á industria.
SEPI confirma uns contratos con Pemex que a petroleira insiste en negar
O presidente da sociedade estatal engade confusión ao ensinar o contrato coa filial da petroleira aos membros da Comisión de Orzamentos do Congreso, pero aclarar que hai cláusulas que impiden "divulgar o seu contido". En México, a firma estatal segue negando que o acordo sexa firme.