Ducias de rostros pola abolición das touradas
Galicia mellor sen touradas continúa a súa campaña Eu dou a cara pola abolición, na que o colectivo anima á xente a imprimir un cartaz con ese lema e tirar unha foto con el.
Causa Galiza propón o independentismo como saída á crise
O colectivo fai pública a súa posición sobre as eleccións e sinala que "as opcións políticas presentadas ao 21-O non responden ás esixencias" de ruptura con España.
A Xunta inxectou 15 millóns de euros nos medios de comunicación durante 2010
O informe do Consello de Contas que detecta "desprazamento" de 400 millóns de euros en facturas de 2010 a 2011 amosa tamén o reparto de cartos entre a prensa, no que apenas un 11,2% do montante total se adxudica mediante unha convocatoria pública de subvencións
Movementos sociais e partidos: Hai que votalos?
A Rede Robin Hood organiza na Coruña un debate sobre as relacións entre movementos sociais e partidos de esquerda, que será retransmitido en streaming, coa participación de Ana Luisa Bouza (BNG), Anton Sánchez (AGE) e Jose Angel Brandariz.
Alerta en Bergantiños para evitar o 'Prestige' mineiro
A Plataforma en Defensa de Cabana de Bergantiños alerta de que "se Feijóo repite como presidente" e a mina de Corcoesto sae adiante "Galicia pode sufrir cada ano o impacto de 100.000 toneladas de residuos tóxicos"
Xulgan este luns por lesións os axentes que detiveron un cámara da CIG na folga xeral
Dous antidisturbios terán que someterse a un xuízo de faltas en Vigo pola súa dureza na detención dun reporteiro gráfico da central sindical cando gravaba un piquete, coa que lle provocaron unha escordadura e múltiples contusións
As derradeiras enquisas manteñen a Feijóo na maioría absoluta cunha ampla bolsa de indecisión
La Voz de Galicia e Faro de Vigo outórganlle 39 deputados aos conservadores e reflicten a entrada de AGE no Parlamento con ata 5 escanos
Nove cruces pola memoria dos asasinados
Este domingo homenaxéase en Baiona os nove sindicalistas executados o 15 de outubro en vinganza pola morte dun garda civil e dende entón lembrados na Volta dos Nove con outras tantas cruces pintadas.
Cazoladas e ruído contra "a débeda ilexítima"
Milleiros de persoas maniféstanse en todo o mundo baixo o lema "Non debemos, non pagamos". Centos de cidadáns acoden á convocatoria en varias cidades de Galicia.
A mocidade de Compromiso 'emigra' para denunciar a "fuga de cerebros"
A Mocidade Nacionalista Galega trasládase ao aeroporto da Lavacolla para escenificar as dificultades da xente nova na procura de traballo en Galicia. "A mocidade máis preparada vese abocada a emprender o mesmo camiño dos nosos país", censura Bascuas.
Turisteos, hermenéuticas e gilipolleces
Praza Pública
O PSdeG leva á Xunta Electoral o tratamento informativo da TVG na campaña
Os socialistas censuran "a falta de pluralismo político e neutralidade informativa" e o "gubernamentalismo extremo" da canle pública para favorecer a Feijóo.