"As eleccións municipais salvaron do Prestige a todas as rías e a ningunha"
O vindeiro venres 16 sae á venda 'Prestige, tal como foi, tal como fomos', unha obra de Xosé Manuel Pereiro na que se narra a crónica daquel desastre, do que aconteceu desde a traxicomédica xestión da catástrofe ata os deliros de grandeza das solucións políticas. Praza ofrece aquí un dos seus capítulos, onde se evidencia a errática toma de decisións dos gobernos.
A febre do tantalio chega a Viana do Bolo
A empresa canadiana Pacific Strategic Minerals quere explotar as vellas escombreiras e balsas da mina de estaño da Penouta na procura da tantalita, de onde se extrae este material usado na industria electrónica. Pero a SGHN alerta de irregularidades no proxecto.
Unha fin de semana 'de cine' para os filmes galegos
Arraianos (Eloy Enciso) obtivo o Premio Nuevas Olas no Festival Internacional de Cine de Sevilla, Fóra (Xan Gómez Viñas e Pablo Cayuela) proxectouse no Festival de Documentais de Copenhague e Montaña en sombra (Lois Patiño) estreouse no Festival de Roma.
Unha 'culebra social' percorrerá Ferrol chamando á folga xeral
Os seus organizadores entenden que para que a folga sexa xeral toda a cidadanía debe estar implicada e por ese motivo van realizar unha "culebra social", que se moverá "de praza en praza, coma se fosen talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría".
O Concello de Ares cancelará as súas contas nos bancos que expulsen da casa aos veciños
"O Concello quere axudar a evitar os cada vez máis frecuentes desafiuzamentos que practican as entidades bancarias a familias que, pola crise económica, vense na rúa por non poder pagar a vivenda na que residen", asegura o alcalde nun comunicado.
Unhas 300 persoas piden en Ferrol a paralización dos desafiuzamentos
Concéntranse na cidade departamental contra a lei hipotecaria e en solidariedade cos afectados
Pachi Vázquez quere unha reforma profunda dun PSdeG para o que pide "un trato diferenciado" no PSOE
Abre a porta a un congreso ordinario para que "non só se cambie a tripulación, senón que se faga un barco novo". O secretario xeral reclama "un itinerario propio do PSdeG dentro do PSOE federal amparándose na condición de comunidade histórica de Galicia".
Feijóo irrompe na campaña catalá para porse como exemplo fronte a Artur Mas
"Os políticos non están para axitar bandeiras, senón para pagar facturas", asegura o presidente da Xunta nun acto do PP no Centro Galego de Barcelona para apoiar a Alicia Sánchez-Camacho.
Anova preséntase en Compostela co obxectivo de ser alternativa ao PP nas municipais
A formación nacionalista organízase en Santiago e convida a toda a cidadanía "a construír unha alternativa sólida e real ao desgoberno do Partido Popular" na capital galega.
O PSdeG evita pechar a súa crise á espera dun líder que se postule
O Comité Nacional remata entre varias peticións de dimisión a Pachi Vázquez, pero coa única solicitude clara de axilizar o congreso para acelerar a renovación. A elección de secretario xeral podería abrirse a toda a militancia.
Culturgal: Espazo para a creatividade
Ademais dos tradicionais stands e presentacións das iniciativas culturais máis asentadas Culturgal ábrelles a fiestra aos novos proxectos creativos.
Mondoñedo homenaxea a Leiras Pulpeiro
A vila lucense celebra a figura do médico e escritor no centenario do seu pasamento.