Búscase espazo para a creación contemporánea galega
Este venres pola tarde o proxecto Espazo de creación celebrará unha asemblea no Instituto Galego da Información, en Santiago, para informar dos avances dunha iniciativa xurdida na Asociación Galega de Deseñadores. Quérese acadar a cesión de longa duración dun edificio en boas condicións estructurais
Mangouras insiste en que o Prestige tivo que ser levado a porto para baleirar o fuel
O capitán do Prestige critica as decisións tomadas polo Goberno español e aclara que a opción de levar o buque "a un porto de augas abrigadas" non foi tida en conta polas autoridades.
Centos de investigadores seguen á espera das bolsas FPI
A concesión das máis importantes axudas predoutorais debería terse en agosto pero os seus posible beneficiarios e beneficiarias seguen á espera da resolución en moitos casos traballando de balde nos proxectos de investigación xa en marcha.
A Deputación de Pontevedra paga case 4.000 euros en anuncios a publicacións taurinas
Galicia, mellor sen touradas, censura que a institución que preside Rafael Louzán achegue cartos á promoción dunha "actividade violenta"
Incidentes no comezo da masiva manifestación da Coruña
Un grupo de manifestantes irrompeu no comezo da marcha cunha faixa acusando os sindicatos de traidores e provocou momentos de tensión que se saldaron finalmente con 3 detencións.
Se hai folga, acendemos as farolas
A crecente importancia que sindicatos, gobernos e medios de comunicación emprestan aos datos de consumo eléctrico nas folgas levou neste 14N a moitos concellos, coma o da Coruña, a manter aceso o alumeado público polo día. As medicións amosan un importante seguimento do paro, aínda que inferior ao do 29 de marzo.
Unha folga "histórica" para os sindicatos na que o Goberno central viu pura "normalidade"
O gabinete de Mariano Rajoy tenta minimizar as protestas de todo o Estado mentres as centrais sindicais galegas elevan ao 90% o seguimento medio no país
Prolingua insta a Xunta a derrogar o Decreto de Plurilingüismo despois do 'suspenso' do Consello de Europa
A plataforma esíxelle o PP que cumpra coa Lei de Normalízación e non introduza "a controversia partidaria" na lingua, que "nunca foi un problema".
A caída do consumo eléctrico, o mellor indicador do éxito da folga
O 29S de 2010 a demanda de electricidade caeu un 13,74% e o 29M de 2012 o descenso foi do 14,67%. Politikon fará este 14N un seguimiento en tempo real desta variable para analizar o seguimento do paro.
A fenda dixital, a debate entre Galicia e Portugal
Póvoa de Varzim acolle o 23 e 24 de novembro o III Congreso Ibérico A Fenda Dixital, organizado polas tres universidades galegas e NEG, entre outras entidades.
"As eleccións municipais salvaron do Prestige a todas as rías e a ningunha"
O vindeiro venres 16 sae á venda 'Prestige, tal como foi, tal como fomos', unha obra de Xosé Manuel Pereiro na que se narra a crónica daquel desastre, do que aconteceu desde a traxicomédica xestión da catástrofe ata os deliros de grandeza das solucións políticas. Praza ofrece aquí un dos seus capítulos, onde se evidencia a errática toma de decisións dos gobernos.
A febre do tantalio chega a Viana do Bolo
A empresa canadiana Pacific Strategic Minerals quere explotar as vellas escombreiras e balsas da mina de estaño da Penouta na procura da tantalita, de onde se extrae este material usado na industria electrónica. Pero a SGHN alerta de irregularidades no proxecto.