Un Deportivo inocente cae goleado en Madrid
A feble defensa deportivista facilita a goleada do Real Madrid.
Pachi Vázquez acusa o PPdeG de "avalar" uns Orzamentos que provocarán "un abismo social"
O candidato socialista acusa o popular de adiantar as eleccións ante a chegada dun "segundo rescaste" que agora se "confirma" nuns Presupostos que "anuncian máis paro, recesión e menos consumo".
Un Celta moi superior cae ante o Granada
Os erros defensivos do equipo vigués no primeiro cuarto de hora condenárono a unha derrota que non mereceu.
A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno Feijóo e ordénalle quitar outra nova da web
É a quinta infracción que acumula o Executivo galego no último mes. Nesta ocasión, terá que retirar da súa páxina web unha información sobre a visita do conselleiro Jesús Vázquez a varios colexios do Barco.
Feijóo insiste na austeridade e no rigor para conseguir o crecemento
O candidato do PP presenta un programa "baseado no déficit cero" co que pretende conseguir "o cento por cento de crecemento". O presidente da Xunta presume de xestión e dunha Galicia "libre, bilingüe, leal e diversa".
Milleiros de cidadáns cercan de novo o Congreso nun 29S que se estende a Galicia
Unha multitude desafía o Goberno cunha nova marcha que fora declarada "ilegal" polo Executivo. Varios centos de persoas secundan as protestas nas cidades galegas. En Lisboa, 300.000 portugueses reclaman unha folga xeral.
Berros por un servizo de extinción de incendios "público, unificado e profesional"
Uns 300 traballadores do Seaga maniféstanse en Compostela e censuran a "política de privatización" que leva a cabo a Xunta nos servizos de extinción de incendios.
Galicia recibirá 400 millóns menos duns Orzamentos que inciden nos axustes
O país recibirá 1.309 millóns de euros do Estado, un 23,27% menos, segundo uns Presupostos nos que se reducen un 6,3% as prestacións por desemprego e que non contemplan a prórroga da axuda de 400 euros. A política social sofre un recorte do 14,4% e Sanidade perde un 22,6% do seu orzamento.
Francisco Rodríguez formaliza a súa dimisión nun pleno que acaba en incidentes
O socialista abandona a alcaldía e o Concello entre o apoio de varios centos de persoas que insultaron o voceiro de Democracia Ourensana á saída.
Novagalicia precisa 7.176 millóns, mil máis dos que prevía Castellano
A auditoría encargada polo Estado á consultora Oliver Wyman revela que a banca española precisa máis de 50.000 millóns de euros para sanearse. O Estado pedirá 40.000 millóns de rescate bancario á UE.
CxG propón que as imputacións de cargos públicos impliquen destitución automática
Compromiso "asume as recomendacións" da Fiscalía Superior de Galicia para "poñer en marcha un plan de prevención da corrupción nas administracións públicas"
O PSdeG lánzase á campaña "da verdade" co lema 'É o momento, Galicia decide'
Os socialistas remodelan o eslogan electoral co que Pachi Vázquez concorreu por primeira vez á alcaldía do Carballiño para unha carreira electoral na que o candidato protagonizará máis de 60 actos