Converxencia XXI propón privatizar a CRTVG e suprimir o CDG ou o Consello Galego de Relacións Laborais
A formación liberal aposta por baixar os impostos "para non sacarlle tanto diñeiro aos empresarios" e defende a eliminación de ducias de "chiringuitos" da Xunta, entre eles os Centros de Información á Muller, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, Bantegal ou o CGAI e abandonar o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Pachi Vázquez confía nun "gran acordo" co BNG "para sacar adiante o país"
O candidato do PSdeG subliña que o seu partido leva "moitos anos renovando maiorías cos nacionalistas" en diversas institucións e amósase convencido de que a "desafección co PP" ficará reflectida nas urnas o 21 de outubro
Jorquera chama a mocidade a "votar rebelde, votar BNG"
Jorquera promete en Ferrol o desenvolvemento da vixente Lei do Sector Naval e coida que o "valor da palabra de Feijóo" neste ámbito é o mesmo que "a dos cargos do PP" durante a catástrofe do Prestige
Beiras acusa o PP de "matar" cos recortes e De Cospedal retruca que "perdeu o xuízo"
O líder de AGE di nun mitin que as retalladas "matan máis xente que ningún grupo terrorista do estado español" e Feijóo reclámalle "respecto para Galicia"
Wert une a alumnos, pais, nais e profesorado en contra da súa reforma educativa
CONFAPA pide que pais e nais non leven os seus fillos e fillas a clase o vindeiro xoves en protesta contra a reforma educativa do PP. O Sindicato de Estudiantes iniciou este martes unha folga de tres días e a Liga Estudantil Galega e Galiza Nova tamén se manifestará este mércores. Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia e NEG piden igualmente a paralización da LOMCE.
Ferrol manifestarase este mércores polo futuro do naval
A marcha, convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG, denunciará tanto os recortes aprobados polo PP coma a situación de abandono do sector. Ademais unha concentración unitaria protestará o xoves 18 contra o trato sufrido por López Pintos na súa detención a pasada semana.
O presidente electo de México di que "continuará coas xestións" entre Pemex e os estaleiros
Asegura que o acordo "xera condicións favorables" para ambas as dúas partes, pero non aclara se a oferta galega terá que ser elixida nunha licitación, tal e como aclaran os conselleiros da petroleira, nin si os contratos están pechados.
67 mil persoas emigraron de Galicia en 2010 e 2011
Ao redor de 44 mil marcharon a outra comunidade autonóma e uns 23 mil a outros paises. España perdeu 1.277.680 habitantes de entre 20 e 39 anos dende xaneiro de 2009.
CCOO pide o voto para "quen estivo preto dos traballadores e dos parados"
O sindicato fai balance da xestión do Goberno de Feijóo que "supuxo un retroceso de dez anos" e "o maior retroceso en dereitos laborais e sociais que se lembra". Pide que "se abra o paso no Parlamento a outras forzas políticas progresistas que acheguen novas ideas e novas prácticas".
O PSdeG acusa a xerente do CHOU, curmá de Feijoo, de facer propaganda electoral
Denuncia que os traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense atoparon está mañá a imaxe do novo hospital, ainda sen dotación orzamentaria, nas pantallas dos seus ordenadores. Tamén acusan a Eloína Núñez de crear un posto de traballo inédito nos restantes centros para darllo ao seu marido
A UDC presenta un pioneiro servizo de teleasistencia asistida
O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña realizará este luns unha demostración práctica do funcionamento do seu dispositivo Telexerontoloxía.
Comeza o xuízo do Prestige que chega dez anos tarde
A vista comeza este martes na Coruña. O fiscal só pide penas de cárcere para o capitán do petroleiro, Mangouras, que declarará o 13 de novembro, xusto dez anos despois do comezo da catástrofe. A acusación particular solicita cadea para todos os imputados.