Cebrián afirma que a edición galega de El País se creou por "presións de lobbies progresistas"
O Comité de Empresa do xornal critica con dureza estas e outras declaracións do presidente de Prisa que xustificou o ERE que deixará sen traballo a ao redor de 140 xornalistas dicindo que "non podemos seguir vivindo tan ben".
O vigués a quen o CHUVI lle negou a documentación en galego segue en lista de espera 15 meses despois
Leva nas listas dende xullo de 2011. Dende entón pediu o traslado de centro hospitalario en varias ocasións pero ainda non conseguiu ser operado. Denuncia que "non tenho futuro laboral na Galiza. Poderia atopar trabalho noutro pais porem isto agora mesmo não é possivel por eu figurar no Registo de Pacientes en espera do Sergas".
O CIS apunta a unha axustada maioría absoluta de Feijoo
A sondaxe prevé 38 deputados para o PP, un leve descenso para o PSdeG (23-24) e a posibilidade de que o BNG se manteña ou suba un escano. A enquisa, que lle outorga un deputado a AGE, só preguntou por estas catro formacións e mais por UPyD, o que xa foi criticado por varias voces, entre eles Pablo García, coordinador de campaña dos socialistas.
As eleccións, nunha soa ollada
O xornalista galego Carlos Alonso publica no seu blog Astillero.org unha serie de análises dos comicios do 21-O a través de ferramentas de visualización de datos.
A policía escolta políticos do PP ante as protestas do sector naval en Ferrol
Os antidisturbios cargaron contra os 300 traballadores concentrados coincidindo coa pegada de carteis dos partidos. O secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, sufriu feridas na carga policial e foi detido.
O futuro de Galicia xa está en campaña
PPdeG, PSdeG, BNG, AGE e CxG celebraron os seus primeiros actos pedindo o voto para o 21-O. Feijoo promete que na vindeira lexislatura Galicia pasará "dos axustes ao crecemento". Mentres, Pachi Vázquez, Jorquera, Beiras e Bascuas chaman por un cambio na Xunta con críticas aos recortes.
Milleiros saen á rúa coa CIG para advertir "do suicidio que suporía votar o PP"
Unhas 50.000 persoas, segundo a central nacionalista, maniféstanse en diversas localidades de Galicia contra os recortes e a poucas horas do inicio da campaña electoral. Suso Seixo proporá ao resto de sindicatos unha folga xeral para o 14 de novembro.
ADEGA relaciona o caso Pokemon con concesións hidroeléctricas a Iberdrola e Fenosa
A organización ecoloxista insta á fiscalía a investigar os acordos adotados por Francisco Fernández Liñares, expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e imputado nesta trama.
Feijóo defende a viaxe no avión dun empresario en Bos Aires: "non son fondos públicos"
O candidato do PSdeG, Pachi Vázquez, subliña que el se desprazou de Bos Aires a Montevideo "en clase turista" e amósase convencido de que o aspirante á reelección "aclarará" por que empregou a aeronave Paxariño Novo, do millonario López Carballedo
Os traballadores do naval de Ferrol queiman unha copia dos Orzamentos
Ao redor de tres mil persoas, empregadas de Navantia e das industrias auxiliares, reclaman carga de traballo para as súas empresas e maniféstanse ante a sede de Facenda, onde cortan o tráfico. Ademais, concentraranse ás once da noite diante do Concello, coincidindo co inicio da campaña electoral.
A fraude nas publicacións científicas multiplicouse por dez dende 1975
Un estudo analizou todos os traballos retractados na literatura científica de bioloxía e medicina recollidos pola base de datos Pubmed. Os autores atribúen o aumento deste problema á presión crecente que existe sobre os científicos para publicar en revistas de excelencia internacional a case calquera prezo.
O 79% da poboación galega respira aire contaminado
Xosé Veiras analiza en Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo de Praza, o informe elaborado por Ecoloxistas en Acción. As cidades da Coruña, Ferrol, Pontevedra-Marín e Vigo son as que amosan peores índices de contaminación por mor das centrais térmicas de carbón e o tráfico.