Anticorrupción querélase contra cinco directivos de NCG e Mauro Varela dimite como presidente
A Fiscalía considera que Gayoso, Pego, Gorriarán, Rodríguez Estrada e García de Paredes ocultaron ao Banco de España e ao Consello as súas prexubilacións "abusando das súas funcións e co pleno coñecemento da difícil situación económica da entidade". Mauro Varela dimite tras lamentar "profundamente" as súas palabras contra os afectados das preferentes.
As bacterias tamén xogan a Eurocopa
Dende os microorganismos que fan que o céspede estea en mellores ou peores condicións (aqueles días nos que o Barça ou España parecen non saber xogar) a aqueles outros que enferman á metade dunha plantilla, as bacterias poden decidir un campionato. Patricia Veiga escríbeo no blog de microbioloxía de Praza Pública
Como tomar Madrid en bici
Madridmonamour, o blog de Praza dedicado á capital do Estado, ofrece unha serie de trucos para moverse en bicicleta pola cidade, en especial o Plano de Rúas Tranquilas de Madrid.
Feijoo adía a xullo a confirmación dos contratos de Pémex
Nunha entrevista na Radio Galega, o presidente da Xunta afirmou que na primeira semana do mes que vén se celebrarán varias xuntanzas para definir os prezos e os contratos para a construción de remolcadores e barcos químicos. Promete, ademais, que antes de setembro se abrirá unha comisión de investigación no Parlamento.
Cathal, o mellor xogador de rugby do Muskerry
Isaac Xubín cóntantos en Melé a cinco, o blog de rugby de Praza, a historia dun rapaz de trece anos, grande de corpo pero máis grande aínda de espírito.
Paraguai: golpe con disfrace de xuízo político
O xuízo político express ao que foi sometido o ex-bispo católico foi unha parodia, pero legal: cumpriu o mecanismo contemplado na Constitución Nacional paraguaia, que non fala de prazos. Foi tamén unha aberrante demostración do poder que teñen as forzas da dereita cando se unen para actuar como un tractor.
En Sarria, contra as touradas
Galiza Nova convoca para este domingo ás 17.30 horas unha concentración para protestar contra a corrida de touros que se vai celebrar na vila. Mentres, nove colectivos xuvenís ligados a partidos políticos ou movementos sociais presentaron un manifesto conxunto pola abolición.
Caro diario
Praza Pública
Celso Emilio pon Vigo a bailar
El Puto Coke, Ataque Escampe, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide ou Luís Emilio Batallán musicarán os textos do poeta nun concerto que terá lugar o vindeiro martes no Centro Cultural Novacaixagalicia e no que tamén intervirán Xesús Alonso Montero, Yolanda Castaño, Rexina Vega, Fernando Franco ou os alumnos e alumnas da ESAD.
Supermán, Capitán Marvel e unha breve refutación de Méndez Ferrín
Eduardo Maroño resolve en Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza, a dúbida de cal dos dous superheroes con capa foi o primeiro, ao fío dunhas declaracións do actual presidente da RAG nunha entrevista.
Feijoo dille a Baltar que o necesitará para gañar as eleccións
3.400 persoas xuntáronse no xantar-homenaxe ao ex presidente da Deputación de Ourense, presentada por Xosé Manuel Piñeiro e que contou coa presenza de varios conselleiros. Fóra de Expourense, a asemblea 15M da cidade e un grupo de afectados polas preferentes protestaron contra o acto. Fotogalería de Jorge M. de la Calle
O PSdeG pide priorizar a pesca costeira e artesanal na UE
Antolín Sánchez Presedo detallou o contido das 172 emendas presentadas polos socialistas á Política Pesqueira Común.