O equipo do Plan de Memoria Democrática traballa dende hai días no cemiterio de Santa María do Val (Narón) nunha das maiores foxas comúns de Galicia con restos de asasinados polo franquismo, nos que esperan atopar os corpos sen vida de medio cento de vítimas do Golpe de Estado de 1936. Na actuación traballa un equipo multidisciplinar de investigación USC, comandado polo grupo HISTAGRA, e colaboran a Secretaría de Estado de Memoria Democrática e a Xunta de Galicia, IMELGA e o antropólogo forense Fernando Serrull. Na investigación participa tamén a Asociación Cultural Memoria Histórica e Democrática de Ferrol.
Máis de 50 familias están a buscar no Val os seus familiares e parentes asasinados despois da sublevación militar en Ferrol de xullo de 1936
Máis de 50 familias están a buscar no Val os seus familiares e parentes asasinados despois da sublevación militar en Ferrol de xullo de 1936. Segundo as pescudas feitas ata o momento o equipo busca mais dunha fosa, tendo en conta a información recollida e dado o elevado número de persoas alí soterradas, en diferentes datas. En total mais de medio cento de persoas asasinadas entre 1936 e 1939 e posiblemente tamén na posguerra foron soterradas aquí. Un asunto coñecido polos historiadores e historiadoras e moi presente na memoria veciñas e familiar.
Neste cemiterio, o 26 de decembro de 1936 foron fusilados 32 integrantes da dotación do Acoirazado España e dous do Contramaestre Casado. Ademais, o 30 de novembro de 1936 foron fusilados e soterrados aquí 10 tripulantes do vapor Dómine, e, en distintas datas, outras sete personas. Este feito constitúe un fenómeno sen precedentes na nosa Historia, que permite coñecer a magnitude da violencia golpista en Galicia.
Neste cemiterio, o 26 de decembro de 1936 foron fusilados 32 integrantes da dotación do Acoirazado España e dous do Contramaestre Casado. Ademais, o 30 de novembro de 1936 foron fusilados e soterrados aquí 10 tripulantes do vapor Dómine, e, en distintas datas, outras sete personas
O pasado mes outubro comezarons os traballos coa sondaxe do xeorradar e ante a previsión dunha posible exhumación, solicítase agora a colaboración de cantas persoas podan achegar datos, especialmente das familias afectadas, para tratar de localizar os diferentes enterramentos e completar a identificación dos familiares das vítimas que están aquí soterradas. Con este fin pódese usar o enderezo de e-mail: memoriahistoricademocratica@gmail.com
A localización desta fosa enmárcase no Plan de Memoria Democrática de Galicia, co apoio da Secretaría de Estado de Memoria Democrática e a Xunta de Galicia.