Entidades viguesas de moi diversa orixe únense nunha manifestación para pedir que o Concello as "escoite"

Cartel da manifestación 'Vigo somos todxs' ©

Afectados Vial de Beade, Vigo Centro, Bembrive en Pé, Vigo Histórico, Grupos en Loita, Os Ninguéns e Defensa do Parque García Picher convocan unha manifestación para esixir que o Concello os "escoite"

Colectivos vigueses como AVIBE (Afectados Vial de Beade), Vigo Centro, Bembrive en Pé, Vigo Histórico, Grupos en Loita, Os Ninguéns e Defensa do Parque García Picher convocan conxuntamente unha manifestación o vindeiro 5 de febreiro para esixir que o Concello os "escoite". 

Baixo o lema 'Vigo somos todxs', entidades moi diferentes entre si -dende grupos veciñais do centro e do rural a entidades sociais ou culturais- destacan que se "decataron" de que tiñan o en común o feito de sentirse “ninguneados polo goberno municipal", o que os levou a unir forzas para transmitir as súas demandas. A concentración de protesta terá lugar ás 12 horas do domingo 5 de febreiro na Porta do Sol.

Cartel da manifestación 'Vigo somos todxs' ©

Baixo o lema 'Vigo somos todxs', entidades moi diferentes entre si destacan que se "decataron" de que tiñan o en común o feito de sentirse “ninguneados polo goberno municipal"

As entidades convocantes destacan que "co gallo da maioría absoluta do goberno municipal, este non negocia e non atende as críticas dos veciños e veciñas da cidade”, impulsando “actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”. Denuncian, ademais, que "no momento en que discrepan con estas actuacións, o Concello pasa a ir na nosa contra en vez de dialogar". 

Todas elas demandan “unha cidade máis habitable e sustentable, que nos teña en conta a todos e todas e non reduza a marxinalidade as multiples asociacións e colectivos, os cales temos moito que decir e aportar polo Vigo que queremos”.

As entidades convocantes destacan que "co gallo da maioría absoluta" o goberno municipal impulsa “actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”

A marcha demanda un “modelo novo de cidade que piorice a calidade de vida fronte a inversión privada, tendo en conta os desafíos de sustentabilidade e mobilidade que afronta a cidade". De feito, este é o eixo central das reivindicacións de varias das asociacións impulsoras, como AVIBE e Bembrive en Pé, que protestan contra os proxectos do vial PO-010 e o novo tramo da A-52, uns proxectos que "ameazan con romper as parroquias e destruír un dos enclaves ecolóxicos máis importantes da cidade, sen contar con con informes que avalen e xustifiquen ditas obras”.

Protesta contra o novo vial proxectado en Beade (Vigo) © AVIBE

A marcha demanda un “modelo novo de cidade que piorice a calidade de vida fronte a inversión privada, tendo en conta os desafíos de sustentabilidade e mobilidade que afronta a cidade"

Tamén é o eixo central das reivindicacións da asociación Vigo Histórico, que se formou co obxectivo de reclamar unha peonalización da zona vella que evitase a construción do polémico túnel da Porta do Sol "polos efectos no patrimonio que este está a ter". De igual xeito o colectivo Defensa do Parque García Picher denuncia "a proliferación excesiva de gasolineiras xunto ás vivendas" ou "a perda de zonas verdes e árbores na cidade", como ocorreu na Ronda Don Bosco, na Gran Vía ou no Castro.

A estas críticas únense as realizadas pola asociación Vigo Centro, derivadas en boa medida dos problemas de tráfico, ruido, contaminación e mobilidade que se viron amplificados especialmente este nadal "afectando totalmente á vida cotiá dos veciños, especialmente os do centro", que participan desta convocatoria esixindo que “se vele polo cumprimento dos seus dereitos fundamentais e pola protección de xardín histórico da Alameda” durante os dous meses de celebracións. 

 Denuncian que "no momento en que discrepan con estas actuacións, o Concello pasa a ir na nosa contra en vez de dialogar"

Pola súa banda, a asociación Os Ninguéns reclama solucións para o problema da pobreza e das persoas sen fogar, unha situación para a que reclaman "máis medios e actuacións". 

Finalmente, tamén convoca a concentración o colectivo Grupos de Vigo en Loita, que agrupa a artistas musicais da cidade para reclamar mellores condicións nas salas de ensaio, a participación de bandas viguesas na programación municipal, e a fin das actuacións policiais inxustificadas contra concertos na cidade. 

Vigo Histórico defende unha maior peonalización do Casco histórico, fronte aos plans do Concello © Vigo Histórico
Mobilización de 'Os Ninguéns' © Os Ninguéns

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.