Acontece
Advertencia en inglés e sen enfermeiro en Lavacolla: as conclusións dunha caída ao baixar dun voo de Ryanair
Tras un novo accidente dun pasaxeiro nas escaleiras dos seus avións, agora en Santiago, as autoridades aéreas insisten en recomendar á compañía que avise do risco tamén “no idioma oficial do país” no que opere
A rebelión na Medicina Interna insiste na "sobrecarga", na escaseza de persoal e na "precariedade" no Sergas
Internistas piden unha reunión coa Xunta e advirten de mobilizacións e mesmo folga tras rexeitar o acordo que a Consellería anunciou cos xefes de servizo e os contratos con mobilidade. "Fan falta máis profesionais", aseguran.
2021 foi o ano con menos incendios forestais en catro décadas, cos máis graves concentrados no sur de Lugo
Por primeira vez baixan de mil os lumes rexistrados, o 80% de menos dunha hectárea, segundo reflicte o plan contra incendios que vén de aprobar a Xunta para este ano, sen grandes novidades no dispositivo de extinción
Fascismo e monarquía na alianza antidemocrática
Francisco Xavier Redondo Abal
🔊 Fálase | Sen médicos no centro de saúde e olladas á Coruña queer
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos as causas e consecuencias da falta de persoal médico en Atención Primaria e con VINTE achegámonos ás historias da mocidade LGBTIQ+ no comezo do mes do Orgullo
'As mulleres que opinan son perigosas' celebra cinco anos creando "redes de mulleres que reclaman o seu espazo"
A quinta edición do encontro terá lugar en Pontevedra os días 10 e 11 de xuño. O foro racha a súa norma de non repetir participantes e entre as 18 convidadas están cinco xornalistas que xa estiveron na primeira edición e que farán balance do camiño percorrido. Ademais, estarán Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Ángeles Caballero, Marta García Aller ou Luz Sánchez Mellado
A salvo os 11 tripulantes dun pesqueiro de Marín á deriva no Gran Sol
Salvamento Marítimo sinala que rexistrou unha vía de auga a 64 millas de Irlanda
O Supremo ratifica a condena a catro gardas civís de Noia por insultos homófobos e vexacións a un compañeiro
“Prefiro un fillo morto ou drogadicto que maricón”, “arriba España e morte aos maricóns” ou “a muller do posto” son expresións que segundo a sentenza dirixían ao axente, cuxo caso foi denunciado polo hospital de Santiago que o atendeu cunha crise de ansiedade
A Universidade de Vigo instala dispensadores de tampóns e compresas de balde nas súas facultades
A institución convértese en pioneira coa colocación nos centros dos seus tres campus de 25 máquinas que expenden produtos de xestión menstrual, unha medida adoptada en Escocia nos últimos anos e que se incluirá na futura Lei de Dereitos Sexuais e Reprodutivos.
Unha veciña de Carballo, en estado crítico tras recibir unha malleira e o marido é detido como único sospeitoso
A muller foi atopada tirada na rúa con graves feridas. A súa parella, apreixada no momento no que acudía a entregarse na Garda Civil.
- Entrevista | Erika Brenlla Pola sanidade pública
- Acontece
"A falta de médicos ten a sanidade coa soga ao pescozo; hai que mellorar xa as condicións e non poñer parches"
A sanitaria compostelá, presidenta da Asociación MIR España, advirte de que "a precariedade é o principal motivo polo que o persoal se afasta da Atención Primaria", logo de que España e Galicia non desen cuberto todas as prazas de formación para Medicina Familiar este ano.