Acontece
Praias de Baiona, Foz ou O Vicedo perderán as súas bandeiras azuis se non atopan socorristas
Moitos concellos galegos, como Cabana de Bergantiños, Muxía, Porto do Son ou Muros non iniciaron aínda os seus servizos de salvamento pola dificultade para atopar persoal acreditado. En varios lugares os areais non poderán lucir o distintivo, que inclúe esta esixencia entre os seus requisitos
- Análise
- Acontece
A Xunta presenta unha Lei de impulso demográfico xenérica e con escasas medidas novas
O anteproxecto da norma, que a pasada semana iniciou a súa tramitación, é un compendio de actuacións xa existentes e de declacións de intencións. A oposición cualifica a lei de "propaganda" e de "falta de ambición" e acusa o Goberno galego de "tirar a toalla" neste asunto.
A Xunta impuxo 17 sancións a pisos turísticos non rexistrados
O Goberno galego abriu 53 expedientes, a maior parte por actividade ilegal, penalizada con multas de entre 900 e 9.000 euros. O rexistro oficial recolle 8.500 pisos turísticos en Galicia, o dobre dos que había hai ano e medio.
Comeza a tempada de alto risco de incendios, con 70 parroquias sinaladas como as máis afectadas polo lume
Este período, no que se reforzan os efectivos do operativo de extinción, chegará ata o 30 de setembro. As zonas de maior risco concéntranse en 35 concellos, sobre todo na provincia de Ourense, no sur e no interior da de Pontevedra e na península do Barbanza.
A contaminación do aire supera en toda Galicia os límites fixados pola OMS
Ademais, un terzo do territorio soportou no 2018 unha contaminación do aire que prexudica a vexetación, segundo o informe anual publicado esta semana por Ecoloxistas en Acción, que insta a pechar as centrais térmicas de carbón e a "diminuír o tráfico motorizado, potenciando o transporte público, a bicicleta e o tránsito peonil"
Máis do 40% da costa galega carece de figuras de protección
A media no conxunto do Estado é do 22,2%. Destes hábitats naturais non protexidos, un 92,3% son recoñecidos como de interese e un 32,7% están catalogados como prioritarios para a súa conservación pola UE, segundo o informe A toda costa, publicado por Greenpeace
- Datos Escola pública
- Acontece
7 de cada 10 concellos sufriron recortes de profesorado na última década
Entre 2008 e 2018 aumentou un 3% o alumnado matriculado en Infantil e Primaria, pero as unidades nos centros públicos reducíronse un 27% e o profesorado total descendeu un 6%, afectando ao 73% das localidades con escolas.
Nova condena xudicial á CRTVG por vulnerar o dereito á folga
O Tribunal Superior sentencia que a CRTVG incorreu en "esquirolaxe interna" durante a folga do 19 de decembro ao encomendar a unha traballadora "non folguista" a presentación dun programa non incluído nos servizos mínimos que correspondería conducir a "traballadores que seguían a folga"
A Xunta confirma o recorte de profesorado en Verducido nun novo verán de supresión de aulas no rural
A Escola de Educación Infantil de Verducido foi sinalada nos últimos anos como un exemplo de centro de ensino no rural. O centro fica con dúas mestras para dar clase a un total de 31 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos
O Parlamento pide "alternativas" a Sálvora para os lodos do Lérez pero a Xunta aposta por depositalos no mar
En Marea e PP transaccionaron pola mañá unha proposición que demanda "unha proposta alternativa e sustentable" para os materiais da dragaxe, garantindo que non afectarán "a ningunha das rías galegas". Porén, pola tarde a Conselleira do Mar reiterou que "o que se extraia do mar ten que volver ao mar"
Un xulgado de Ourense ordena hospitalizar un paciente con tuberculose “ata que deixe de ser un risco para a saúde pública”
A Xunta pediu a medida despois de que o home abandonase reiteradamente a medicación