Retiran o banco que colocaran enriba dun petróglifo en Noia
Ante as críticas xeradas trala denuncia do Colectivo Rula, este mesmo luns a Dirección Xeral de Patrimonio supervisou a súa eliminación. O BNG denuncia que na rocha quedaron as marcas da súa instalación.