O PP di que as balsas mineiras do Monte Neme son "tan acedas coma a chuvia" e rexeita medidas para garantir a seguridade
Antón Sánchez (Grupo Común da Esquerda) reclamou que a Xunta "garanta a reparación" do espazo, "alén dos carteis que se puxeron para que a xente non entre, que foi o único que fixeron" e lembrou a súa responsabilidade nas obrigas incumpridas pola última empresa que explotou a mina