Acontece
TEMAS: Novas lecturas no oitavo aniversario de Praza.gal
Cada mes, as socias e socios de Praza.gal poderán descargar do seu espazo no xornal un novo número de TEMAS. No primeiro número abordamos a fin do carbón e as súas repercusións en Galicia
A Costa da Morte rebélase contra a falta de pediatras logo de que a da "saturada" área de Cee marche a Verín
Veciñanza maniféstase en Fisterra "contra os recortes en pediatría" ao quedar sen o especialista durante o seu período de vacacións. A doutora que atendía en Cee e Corcubión foi contratada polo Sergas para Verín.
- Entrevista | Emiliana Vicente 200 anos de Concepción Arenal
- Acontece
"Concepción Arenal non se limitou a alertar das inxustizas, senón que propoñía solucións e cambios nas estruturas"
O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol Concepción Arenal. Este venres celébrase o bicentenario da autora e activista galega con actos en varias cidades organizados por concellos, universidade e entidades sociais, como o Colexio de Traballo Social, que reivindica o seu legado. Falamos coa presidenta das organizacións colexiais españolas
É eticamente aceptable o consentimento informado 'reforzado' dos partos en Verín?
Flora Miranda Pena
"Está en xogo o futuro de Ourense, estamos a tempo de facer as cousas ben coa Intermodal"
Varios centos de persoas manifestáronse este martes convocadas pola plataforma Tren Digno Ourense, rexeitando a solución escollida para a construción da estación intermodal. Anúncianse novas mobilizacións e pídenlles a Concello, Xunta e Fomento que escoiten "o criterio técnico"
Nais e pais do colexio apuntalado en Sarria critican á Xunta pola reaparición dos mesmos problemas detectados en 2011
O Goberno galego asegura que a partir do luns 3 de febreiro se poderán retomar as clases nunha instalacións provisionais. Porén, as familias e o Concello esixen que se dea unha solución definitiva ás deficiencias do centro, como recomendan tamén os informes técnicos
Fiscalía e afectados pola hepatite C volven recorrer para levar a xuízo os cargos da Xunta que foran acusados de homicidio
Plataforma e Ministerio Público presentan recurso despois de que o xuíz desestimase o de reforma presentado polos afectados e insisten en que hai indicios dabondo para que se abra xuízo oral.
O Eixo Atlántico alerta da "desertización demográfica" no interior da Eurorrexión e pide "medidas correctoras"
Tanto Galicia coma a Rexión Norte de Portugal perden poboación e sofren un importante envellecemento, cun despoboamento que afecta sobre todo ás zonas rurais. O informe, publicado este martes, pide reflexión e medidas correctoras e alerta dos efectos sobre a economía e tamén sobre o territorio, incluído o maior risco de incendios forestais
O conflito sanitario, agora en Verín, aumenta o malestar entre persoal da CRTVG tras 88 semanas de mobilización
Profesionais recoñecen o maior "control" por parte da Corporación das informacións que afectan directamente a Xunta, onde denuncian o "veto" ao parecer da oposición ou da veciñanza.
O relator da ONU sobre pobreza visita Galicia para avaliar a situación das persoas en exclusión social no rural
Philip Alston, experto en dereitos humanos das Nacións Unidas, percorrerá España nas dúas vindeiras semanas. Este martes manterá encontros en Compostela, Silleda e Monfero, facendo fincapé no estado das persoas pobres ou con discapacidades do ámbito rural.
Aumenta a incidencia da gripe en Galicia, con dez persoas falecidas, sete delas sen vacinar
A intensidade da doenza mantén a cualificación de "baixa", pero mantense á alza. Os ingresos hospitalarios pola enfermidade achéganse aos 500, dos que a metade foron xa dados de alta. Dos 351 casos que tiñan indicada a vacina, 206 non estaban vacinados.