As familias de 20 galegos enviados aos campos nazis únense á querela arxentina contra o Franquismo
As denuncias, nas que colabora a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, serán formalizadas o vindeiro 27 de xaneiro, coincidindo co Día Internacional das Vítimas do Holocausto. A ARMH lembra a responsabilidade da ditadura franquista no envío dos prisioneiros aos campos de exterminio.