Acontece
A denuncia de borrado de datos do Alvia de Angrois tardará cinco meses en comezar a ser investigada
Un ex-mecánico de Talgo xurou en outubro que tras o accidente se ocultaron avarías do tren, pero os interrogatorios non se realizarán ata marzo tras seis anos de demoras e erros xudiciais
Ecoloxistas advirten á Xunta de que a caza do raposo pode incrementar o problema xerado polas rata-toupa
O campionato galego de caza terá lugar este sábado en Láncara e Triacastela, un dos lugares máis afectados pola explosión demográfica deste roeador, moi prexudicial para as colleitas e que ten no raposo un dos seus principais depredadores.
A Solana, unha vitoria do público
Xiao Varela
Todas as versións da Xunta para pechar (e agora prometer reabrir) o paridoiro de Verín
A nova xerente do hospital confirmou a intención do Goberno galego de reactivar a atención aos partos logo de varias semanas onde Sergas, Sanidade ou Feijóo deron diferentes xustificacións para unha decisión que agora aspiran a corrixir.
Unha edil do PP dá a luz en Verín no terceiro parto desde que pechou o paridoiro
Unha concelleira dos populares na Gudiña ten a súa filla no hospital verinense, o terceiro nacemento desde que o Sergas suprimiu a atención aos partos entre o forte rexeitamento cidadá.
A Xunta constata múltiples danos en edificios protexidos que acollen vodas irregularmente
Oza-Cesuras ordena a fin das actividades da Rectoral de Cines, conxunto BIC onde se realizaron obras para uso hostaleiro en solo rústico "inadecuadas" que provocaron "afeccións moi negativas", segundo denuncia Patrimonio, cuxo informe abre a porta a máis sancións a pazos e predios que acollen eventos sen a licenza correspondente.
O Consello de Contas advirte de que a maior parte dos concellos incumpren as súas obrigas medioambientais
Nun informe analiza as políticas desenvolvidas por todas as localidades de máis de 10.000 habitantes e conclúe que case todas elas suspenden no control da contaminación do aire, a contaminación luminosa e a contaminación acústica. A maioría das entidades locais carecen de normativa, persoal e actuacións de inspección
A nova xerente en Verín nega a "falta de pericia" coa que o Sergas xustificou o peche do paridoiro
"Xamais me atrevería a dicir semellante cousa", di Guillermina Agulla sobre a suposta perda de habilidade dos profesionais. A nova directora do distrito confirma a marcha atrás de Sanidade e a intención de recuperar axiña a atención aos partos.
O Sergas segue a recuar en Verín e xa busca contratar pediatras para reabrir o paridoiro
A nova directora do distrito sanitario entrevístase xa con candidatos tras quedar vacantes as dúas prazas da última convocatoria. Sanidade asume que intentará recuperar a atención aos partos o máis axiña posible logo de xustificar o peche na "falta de pericia" polo baixo número de nacementos.
Varios puntos de abastecemento de auga potable da Limia superaron dende o 2017 os niveis máximos de nitratos
A SGHN solicitou os datos das análises realizadas pola Xunta, que constatan que a auga para consumo humano tivo en varias das medicións unha concentración superior aos 50 mg/litro, o máximo permitido pola UE. A entidade esixe que as administacións actúen ante un problema de "saúde pública".
Peóns, ciclistas e motoristas representan xa o 40% das mortes nas estradas galegas
No 2019 o número total de vítimas reduciuse de 104 a 90, pero a cifra de falecementos entre estes "colectivos vulnerables" aumentou ata aos 36. O número de peóns que morreron nas estradas galegas pasou de 14 a 20 no último ano