A Coruña batalla contra o intento de Defensa de vender os "terreos comunais" da Maestranza
Debaixo dos predios hai restos da muralla orixinal da cidade e un informe de Patrimonio recoñece que todos os sistemas defensivos "teñen a consideración de ben de interese cultural”. O Goberno local busca reducir a eficabilidade e Marea Atlántica presenta unha moción de Defensa do Común que insta a suspender a concesión de licenzas.