Un estudo da USC observa “fortes vínculos” entre sexo pagado, pornografía e violencia contra as mulleres

Jorge García Marín, Lorena Añón Loureiro e Begoña Gómez Vázquez, na presentación do estudo © USC

“A pornografía, a prostitución e a trata sexual está intimamente relacionadas e nelas lévanse a cabo representacións, prácticas opresoras, discursos e violencias contra as mulleres que inflúen na forma de relacionarse, na percepción da sexualidade e no tratamento cara ás mulleres desde unha óptica patriarcal”, destaca o estudo

“A pornografía, a prostitución e a trata sexual caracterízanse por estar intimamente relacionadas, e nelas lévanse a cabo representacións, prácticas opresoras, discursos e violencias contra as mulleres, que inflúen na forma de relacionarse, na percepción da sexualidade e no tratamento cara ás mulleres, desde unha óptica patriarcal”. É unha das conclusións do estudo O sistema prostitucional na era dixital: radiografía sociolóxica a partir dos discursos das mulleres prostituídas e/ou vítimas de trata sexual e de persoas técnicas en Galicia, presentado esta semana na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC por Jorge García Marín, Lorena Añón Loureiro e Begoña Gómez Vázquez

O informe subliña que "o momento dixital que vivimos" intensificou a explotación e violencia contra as mulleres e explica que o sistema prostitucional na era dixital "adopta novas estratexias de publicidade, de captación, de coacción e de explotación sexual". Ademais, esta contorna, "na que impera o anonimato e a globalización da industria" incrementa "a dificultade para escapar do sistema prostitucional”. O estudo subliña que as tecnoloxías da información "son un perfecto caldo de cultivo para captar mulleres e nenas en situación de vulnerabilidade, aspectos dos que se aproveitan as persoas proxenetas e tratantes”. 

O estudo foi presentado no marco da xornada 'Diálogos e reflexións sobre a violencia simbólica e sexual na era dixital: unha aproximación ao sistema prostitucional’ ©

Dous equipos de investigación da Universidade de Santiago levaron a cabo entrevistas con mulleres prostituídas e persoal técnico, ademais de enquisas a entidades sociais

O informe, liderado polo profesor Jorge García Marín, foi realizado por dous equipos de investigación do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC e do Mestrado de Igualdade, Xénero e Educación da Facultade de Ciencias da Educación. A presentación tivo lugar no marco da xornada ‘Diálogos e reflexións sobre a violencia simbólica e sexual na era dixital: unha aproximación ao sistema prostitucional’.

Os seus autores e autoras reclaman "accións políticas, lexislativas e educativas para reducir o impacto desta industria na sociedade” pois “Internet tense convertido nun novo campo social para o sistema prostitucional”.

A prostitución na era dixital "trata as mulleres coma obxectos de Amazon; como se fosen produtos que buscas a través de parámetros nos que podo filtrar o que desexo. A falta de empatía leva á deshumanización", destácase

O equipo levou a cabo entrevistas a persoal técnico (un total de sete), forzas e corpos de seguridade e a seis mulleres en contexto de prostitución. E enviou enquisas a un gran número de entidades que traballan con mulleres prostituídas, como Vagalume (en Santiago), Aliad-Ultreia (en Lugo), Accem, Cáritas, Diaconía, Ecos do Sur, Faraxa (Vigo) ou Diaconía, entre outras. 

Con esa base, o estudo debulla as características da prostitución na actualidade, analiza as páxinas web de anuncios de prostitución e foros de compradores de prostitución e detalla o tratamento que se outorga á muller nestes espazos. As persoas entrevistadas conclúen que existe "unha correlación entre a introdución de internet na industria sexual e a súa vinculación co incremento do consumo de pornografía, da prostitución e da violencia sexual".

A prostitución na era dixital "trata as mulleres coma obxectos de Amazon; como se fosen produtos que buscas a través de parámetros nos que podo filtrar o que desexo. A falta de empatía leva á deshumanización", destácase.

Radiografía do sistema prostitucional na era dixital © Jorge García Marín

No informe alértase de que redes sociais e plataformas como OnlyFans e Telegram "están sendo utilizadas para captar a potenciais vítimas e normalizar a prostitución como unha opción autónoma, o que enmascara unha realidade de vulnerabilidade e explotación sexual"

No informe alértase de que redes sociais e plataformas como OnlyFans e Telegram "están sendo utilizadas para captar a potenciais vítimas e normalizar a prostitución como unha opción autónoma, o que enmascara unha realidade de vulnerabilidade e explotación sexual".

O estudo observa ademais “fortes vínculos” entre sexo pagado, pornografía e violencia contra as mulleres, con incidencia ademais no impacto negativo dos novos medios nas prácticas sexuais “tanto no que se refire ao aumento de consumo e cousificación/sexualización das mulleres, con guións sexuais estereotipados, así como á aparición de novas formas de violencia e a normalización da trata “ao tempo que se reafirma a identidade masculina hexemónica”.

No informe alértase de que redes sociais e plataformas como OnlyFans e Telegram "están sendo utilizadas para captar a potenciais vítimas e normalizar a prostitución como unha opción autónoma, o que enmascara unha realidade de vulnerabilidade e explotación sexual"

De igual xeito, a prostitución, apunta o equipo autor do estudo, “contribúe a un imaxinario de dominio e cuosificación cara á muller, influenciando as prácticas e percepcións dos consumidores (prostituidores), quen ven na prostitución unha maneira de cumprir os seus desexos a expensas da dignidade e o benestar das mulleres”.

Ademais, o estudo reflicte que a simplificación da busca de servizos sexuais "outorga novas formas de poder aos clientes e novas formas tamén de dependencia e de explotación sexual para a xeración de contido tanto a través de material en vivo como en diferido". Estes novos formatos presentan as mulleres como mercancía e facilitan prácticas sexuais sen control, “normalizando deste xeito a violencia e a explotación”, advirten. As mulleres prostituídas sofren, segundo o estudo, "altos niveis de violencia, riscos de saúde física e mental e unha precarización sostida dos seus dereitos".

A exposición a contidos extremos e o consumo compulsivo de pornografía desde idades temperás están directamente relacionados coa esixencia agresiva e o consumo de prostitución CC-BY-SA Senyac

A prostitución, apunta o equipo, “contribúe a un imaxinario de dominio e cuosificación cara á muller, influenciando as prácticas e percepcións dos consumidores, quen ven na prostitución unha maneira de cumprir os seus desexos a expensas da dignidade e o benestar das mulleres”

No estudo destácase que non existe un "perfil único" de consumidor de prostitución, pero todos eles coinciden na "falta de empatía, machismo e desexo de control". As motivacións para o consumo de prostitución van dende a procura de poder á insatisfacción emocional e a presión social.

No estudo colócase o foco nos homes consumidores de prostitución, concluíndo unha das persoas entrevistadas que "sen demanda non hai oferta" e que "se eles non están aí, o sistema prostitucional cae polo seu propio peso".

No estudo colócase o foco nos homes consumidores de prostitución, concluíndo unha das persoas entrevistadas que "sen demanda non hai oferta" e que "se eles non están aí, o sistema prostitucional cae polo seu propio peso"

As persoas autoras do informe apostan por "políticas abolicionistas que proporcionen apoio real e efectivo ás mulleres prostituídas e que eliminen o mercado da prostitución e da trata". Propoñen ademais unha educación afectivo sexual que fomente “relacións sas e non baseadas na dominación” e unha lexislación que contemple e interveña ante as dinámicas dixitais para previr a violencia contra as mulleres e nenas e a explotación sexual”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.