As parroquias galegas, divisións administrativas con orixe eclesiástica, son unha singularidade no contexto español (tan só existen en Galicia e Asturias), pero existen en moitos outros países, con diferentes denominacións, e en Portugal as súas 4.257 freguesías teñen un peso político e social moi superior ao galego e mesmo contan cun órgano executivo (junta de freguesia), elixido pola súa poboación.
O concello ourensán da Veiga é o que suma un maior número de parroquias sen menores de 16 anos, un total de 16 das súas 29 parroquias. Aparecen despois Chandrexa de Queixa e Viana do Bolo (11 parroquias cada unha) e despois os lucenses A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna e Quiroga
En Galicia veñen perdendo prograsiva importancia nas últimas décadas, aínda que a súa relevancia segue sendo grande nos concellos rurais, aínda que sexa a un nivel simbólico ou identitario. É, ademais, outra forma de dividir e analizar o país, como mesmo fai o Instituto Nacional de Estatística no seu Nomenclátor, que hai uns días achegou información actualizada sobre a poboación destas entidades colectivas, a distribución por idade dos seus habitantes ou a porcentaxe de residentes estranxeiros.
Nas case catro mil parroquias existentes en Galicia hai enormes diferenzas de poboación e de idade entre os seus habitantes, dende áreas tremendamente envellecidas ata outras cunha media de idade baixa. Hai, ademais, algúns casos extremos neste senso: dende parroquias nas que toda a súa poboación ten máis de 65 anos a outras nas que os e as maiores de 65 anos representan menos do 10%.
Hai 326 parroquias nas non reside ninguén de menos de 16 anos e outras 749 nas que estes non chegan a ser 5 de cada 100 veciños e veciñas
Hai tamén un número moi elevado de parroquias nas que non vive ningunha persoas de menos de 16 anos, zonas sen nenos, nenas, mozos e mozas que configuran un espazo rural moi envellecido e sen relevo xeracional. En concreto, hai 326 parroquias nas non reside ninguén de menos de 16 anos e outras 749 nas que estes non chegan a ser 5 de cada 100 veciños e veciñas.
Estas parroquias sen infancia localízanse sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo, como se pode ver no mapa interactivo, pero hainas tamén nas comarcas interiores e orientais de Pontevedra e A Coruña.
Unha distribución semellante, pero inversa, atopámola nas parroquias nas que a poboación de máis de 65 anos supera o 75%, especialmente numerosas na provincia ourensá, pero tamén na montaña lucense e nalgunhas áreas interiores de Pontevedra e A Coruña.
As 326 parroquias sen infancia
Hai tres parroquias nas que toda a súa poboación é maior de 65 anos. Trátase de San Fiz do Barón (San Amaro), San Cosme do Vilar (Chandrexa de Queixa) e Santa María de Ambosores (Muras)
En concreto, o concello ourensán da Veiga é o que suma un maior número de parroquias sen menores de 16 anos, un total de 16 das súas 29 parroquias. Aparecen despois Chandrexa de Queixa e Viana do Bolo (11 parroquias cada unha) e despois os lucenses A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna e Quiroga.
Antas de Ulla, Becerreá, Samos, O Bolo, Castro Caldelas, Cervantes, Palas de Rei, Baralla, Bóveda, Castroverde, Monterroso, A Pobra de Trives, Portomarín, San Xoán de Río, Sarria e Vilariño de Conso suman tamén cando menos 5 parroquias sen menores de 16 anos. Un total de 120 concellos galegos teñen, cando menos unha parroquia de nenos e nenas sen menores de 16 anos.
3 parroquias habitadas só por maiores de 65 anos
Unha soa persoa vive na parroquia de San Fiz do Barón (San Amaro) e tamén en San Salvador de Soutomerille (Castroverde). Dúas viven en San Bartolomeu de Fontao (A Teixeira) e San Vitoiro da Mezquita (A Merca)
Hai, ademais, tres parroquias nas que toda a súa poboación é maior de 65 anos. Trátase de San Fiz do Barón (San Amaro), San Cosme do Vilar (Chandrexa de Queixa) e Santa María de Ambosores (Muras).
Noutros sete casos os maiores de 65 anos representan, cando menos, o 80% da poboación. É o caso de San Miguel de Portocamba (Castrelo do Val), San Xoán de Golpellás (Calvos de Randín), Santo Estevo da Ribeira (Navia de Suarna), San Vicenzo de Vilaseco da Serra (Viana do Bolo), San Tirso de Santa Cristina (A Veiga) Santa Mariña de Ribón (Navia de Suarna) e San Sebastián de Paradela (O Bolo). En total, en 26 parroquias galegas tres de cada catro habitantes pasa desa idade.
En total, hai 17 parroquias nas que viven 5 persoas ou menos e medio cento teñen un máximo de 10 habitantes
O Nomencláctor actualizado do INE amosa que a poboación das parroquias galegas vai dende os 214.816 habitantes do centro da Coruña e os 201.482 do centro de Vigo ata un grupo de parroquias con moi poucos residentes. Unha soa persoa vive na devandita parroquia de San Fiz do Barón (San Amaro) e tamén en San Salvador de Soutomerille (Castroverde).
Dúas viven en San Bartolomeu de Fontao (A Teixeira) e San Vitoiro da Mezquita (A Merca) e tres en San Martiño de Gueral (A Peroxa) e San Martiño de Grou (Lobeira). En total, hai 17 parroquias nas que viven 5 persoas ou menos e medio cento teñen un máximo de 10 habitantes.