Bioflytech e UDC, unidas nun proxecto para liderar a produción europea de proteína de alta calidade
A empresa de Palas de Rei, que produce fariñas e graxas a partir de larvas de mosca soldado negra, lidera un proxecto da UE cun orzamento de máis de 3,6 millóns de euros para acadar un sistema intelixente que optimice a cría do insecto. Hai tres anos a compañía puxo en marcha a súa fábrica na Ulloa cun investimento de 22 millóns de euros, que hai uns meses incrementou en 100 millóns máis.