O galego procura a súa normalización na Intelixencia Artificial da man dunha "histórica" lei europea
Desde acender o móbil mediante pegada dixital ou recoñecemento facial, empregar un navegador que fale e informe con todo detalle das posibilidades de ocio nun destino turístico, as recomendación dos contidos na smart tv, ata dirixir un robot nunha operación médica. Non imos descubrir agora que a evolución da intelixencia artificial (IA) é imparable. Máis si cómpre reparar nas implicacións que a primeira normativa comunitaria sobre esta materia que vén de validar o Parlamento pode ter para Galicia e máis concretamente para o idioma galego, que vai contar cunha ferramenta legal para exixir a súa non discriminación nos servizos da intelixencia artificial.