A Pedra da Grade pon de manifesto a riqueza da arte rupestre aínda por estudar
O valioso petróglifo, con case catro mil anos de antigüidade, sitúase no límite entre Caldas, Portas e Moraña. Veciños da zona alertaron o Colectivo A Rula, que certificou a descuberta, "un dos máis importantes achados ao aire libre nos últimos anos" e esixe que a Xunta actúe para protexelo.