Cultura
As deseñadoras galegas, contra os concursos das entidades públicas que fomentan "traballar gratis"
A Asociación de Deseñadores Galegos, publica un duro comunicado contra as convocatorias que "baixo o disfrace de oportunidade profesional, en realidade agochan un dano continuado á nosa profesión"
Galicia, unha potencia en webseries
Ben por necesidade -ante o custe ou a limitación doutras canles- ben por fe no soporte, cada vez son máis as series realizadas para a rede en Galicia, con algunhas producións pioneiras no Estado e mesmo un festival específico, celebrado en abril en Carballo.
"Manter o labor de Benito Losada a prol da cultura en Ourense é un deber cidadán"
As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense celebrarán nas vindeiras semanas a súa 26ª edición. Falamos con Xosé Lois Vázquez (Asociación Benito Losada) e con Ricardo Rodríguez (Libraría Sindicato do Cómic)
O Festiclown Palestina chega a Cisxordania para apoiar as vítimas de Gaza
Nablúes, Ramala e Xerusalén acollerán entre o 1 e o 9 de outubro as principais actuacións do programa, no que se inclúen Pepe Viyuela, Iván Prado, Johny Melville ou o músico Mr. Kilombo, entre outros.
Womex, festa e trampolín da música galega
Falta menos dun mes para o inicio da edición 2014 do Womex, que se celebrará en Compostela do 22 ao 26 de outubro. Falamos con Vítor Belho, de Nordesía, socio organizador local do evento.
SOPA14: Poñendo en valor o patrimonio dende Celanova
Durante toda esta semana Celanova acolle o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), coa participación de proxectos e expertos de varios países, e unha gran representación do tecido investigador e activista galego
"Estamos nunha época na que os temas de memoria volveron a un espazo marxinal"
O auditorio do Concello de Vigo acolle este sábado 27 a estrea do documental A Volta dos 9, de Antonio Caeiro, que lembra os asasinatos de nove mariñeiros de Baiona e Panxón en 1936. O Concello de Nigrán denegou o uso do salón de actos para a estrea. Falamos co seu director.
"A estrea de 'Costa da Morte' sérveme para pechar unha etapa"
Este venres chega aos cinemas o filme de Lois Patiño, que no último ano recibiu unha ducia de premios en festivais en todo o planeta. Poderase ver na Coruña, Vigo, Ferrol e Cee, ademais de Madrid, Barcelona, Málaga e Valencia.
“Este é o meu cancro e fago con el o que me dá a gana”
O xornalista Nacho Mirás conta como un tumor, ao que chamou Casiano, lle atacou o cerebro. Por terapia e hixiene mental espiuse para contar a súa enfermidade no seu blog e agora recolle a súa historia nun libro que remata cun "continuará".
"É importante que todos os galegos e galegas teñan a posibilidade de ver 'A Esmorga'"
A Esmorga será a encargada de inaugurar, o 15 de novembro, o Festival de Cine Internacional de Ourense. E o día 21 dese mesmo mes estrearase en todas as cidades e vilas galegas, con nada menos que 25 copias. Falamos co seu director, Ignacio Vilar
O futuro do Ateneo Ferrolán xógase nos xulgados
Eliseo Fernández agradece o apoio "crecente" da cidadanía de Ferrol e asegura que no caso de que a sentenza fose desfavorable, "hai argumentos legais e testemuñas suficientes para levar o Concello a xuízo", de xeito que se ocupe da débeda.