Cultura
O Concello da Coruña, obrigado a readmitir a Longueira como directora da Seoane
A sentenza do Xulgado do Social declara "nulo" o seu despedimento e obriga a que sea readmitida nas mesmas condicións, ademais de recibir unha forte indemnización. Longueira, edil do PSdeG, denunciou que a súa destitución se debera a "motivos políticos"
Eme2 trae a Compostela 'Meu Ben', a adaptación da exitosa obra de Elaine Murphy
A peza representarase dende este mércores e até o domingo no Salón Teatro. A comedia está protagonizada por Mercedes Castro, Elina Luaces e Rocío González e dirixida por Alvaro Lavín.
Elizabeth I: O retrato do arco da vella
Do 10 de outubro do 2013 ao 5 de xaneiro de 2014 celebrouse a exposición Elizabeth e o seu pobo (Elizabeth & her people) na National Portrait Gallery de Londres. Esta achega é unha reflexión sobre os retratos desta figura histórica que ocupa a temática da exposición.
O Reperkusión pecha o seu cartel, encabezado por Manu Chao e Muchachito
O festival celebrará a súa 12ª edición na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11, 12 e 13 de xullo. Dirty Honkers, Dani Lança, Terbutalina, N.O.A.H, Kimbala, ou Cuchufellos tamén levarán a música a un evento no que o circo tamén é protagonista.
FdN: Que mellor escenario que a Illa de Arousa?
O Festival do Norte cambia. De Vilagarcía para A Illa, de maio para xullo, do cemento do Fexdega a un escenario de ensoño. E cun cartaz ambicioso e arriscado, con grandes nomes: The Horrors, The Pains of Being Pure at Heart, Is Tropical, Lori Meyers, Veronica Falls, Austra, The Wave Pictures ou Russian Red
Adolfo Caamaño, premio de narracións breves Manuel Murguía
O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, realizou na entrega do galardón un alegato en favor da literatura galega. Crónica de Alfredo Ferreiro.
"Os nosos tiros desde o tellado tratan de dar onde doe, e algo é. Non estamos disparando ao aire"
Ataque Escampe publican o seu cuarto LP, Disco Vermello (Discos da Máquina), un álbum repousado, que interroga o presente ollando cara atrás, preguntando “en que momento se torceron as cousas?”. Falamos con eles.
Arnoia: unha ponte entre o libro brasileiro e Europa
Arnoia é unha das maiores distribuidoras de libros da Península. Dende Ponte Caldelas comercializa en 23 países as obras de 1.300 editoriais de todo o mundo. É especialmente salientable o traballo que realiza, grazas á impresión baixo demanda, para empresas brasileiras.
12 mil persoas volveron converter Cans na festa do cinema en Galicia
Karra Elejalde, Os Fenómenos de Zarauza, Heredeiros da Crus ou a actuación sorpresa de Diplomáticos no Jaliñeiro marcaron a undécima edición do festival, que premiou Ser e voltar de Xacio Baño, Tupper de Ángel Manzano, e 3-1=0 de Juan Galiñanes
Literaturhaus
Francisco Castro
"A nossa toalha é internacional!"
"Se isto nom se amanha; toalha, toalha, toalha". Esta é unha das moitas palabras de orde do Día do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR), versión galega do Día Internacional da Toalla, que se celebra este 25 de maio.