“Díaz Castro desexaba reflectir a parálise dunha Galiza inmobilista que non conseguía avanzar"
Xosé María Díaz Castro non é só Nimbos. Montse Dopico entrevista a Armando Requeixo, que recuperou dous poemarios inéditos do autor.
Xosé María Díaz Castro non é só Nimbos. Montse Dopico entrevista a Armando Requeixo, que recuperou dous poemarios inéditos do autor.
Alfonso Zarauza estrea esta noite no Porriño, no marco do Festival de Cans, Os Fenómenos, a súa última longametraxe, protagonizada por Luís Tosar, Lola Dueñas e Miguel de Lira. Despois do Día dos Veciños deste mércores, Cans quence motores para as intensas xornadas de venres e sábado.
O S8, Mostra de Cinema Periférico da Coruña dedicará varias sesións ao novo cinema galego, baixo o epígrafe de O emigrante que retorna… Xurxo Chirro presentará Une histoire seule e Eloy Domínguez Serén amosará algúns Anacos gravados en Suecia, Noruega e no Sahara
O Museo do Humor de Fene, único deste tipo en Galicia, celebra neste 2014 os seus 30 anos de historia. Naceu co impulso de Siro López e Xaquín Marín, que o dirixiu até a súa xubilación en 2008, e reúne materiais dos grandes nomes do xénero de Galicia e do resto do Estado.
Esta nova e "novidosa" formación que busca "dinamizar o mundo da música tradicional" na Coruña preséntase este sábado. Xorde dun taller aberto da Escola Municipal e mestura un repertorio tradicional e inédito con composicións máis actuais que lle dan "unha impronta propia".
O Festival de Cans, que se inaugura este mércores co Día dos Veciños, acollerá o venres a estrea deste documental, que buscou nos faiados e caixóns desta aldea porriñesa na procura das lembranzas recollidas nas vellas cintas musicais. Falamos cunha das súas responsables, María Yáñez.
Celanova acollerá en setembro o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), no que participarán proxectos de xestión do patrimonio e toda España e tamén de América Latina. Falamos con María Masaguer, unha das súas organizadoras
Miguel Moreira vén de publicar en Xerais o ensaio Contra a morte das linguas. O caso do galego, que afonda na óptica ecolingüística. Entrevista de Montse Dopico
O vindeiro mércores 21 comeza unha nova edición do Festival de Cans, no que canda ás proxeccións de filmes e curtas destaca a música: Kepa Junkera, Caxade, Heredeiros da Crus e unha escolma de documentais sobre o bravú, 20 anos despois do seu nacemento. Falamos co seu director, Alfonso Pato.
O director do CDG sinala que o teatro galego non evolucionou e non chega ao gran público. Avelino González (AAAG) sinala que o único que falta son recursos materiais, apoio das administracións e visibilidade mediática. E Salvador del Río (Escena Galega) subliña que o gran problema é a ausencia de programación estable.