Cultura
Postas as bases dunha outra forma de celebrar as Letras Galegas
Unha ducia de entidades culturais e sociais reúnense en Compostela para debater fórmulas de celebración "abertas, participativas e cidadás" das Letras en 2015, "de carácter integrador e de unión", considerando que "Filgueira Valverde non pode unir a ninguén".
Un 'convivio' para dotar a cultura galega de "espazos colectivos"
O Convivio da Cultura Galega celebrarase este sábado na Casa-Museo Manuel María e noutros espazos da vila de Outeiro de Rei. Falamos con Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María
O Día das Galegas nas Letras, dedicado a Dorothé Schubarth
A plataforma de crítica literaria A Sega convoca a edición inaugural desta conmemoración, que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. Schubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego, será homenaxeada o 15 de agosto
Romaría das Letras, unha proposta para celebrar a lingua e a cultura galegas
Alfredo Ferreiro
Aumenta a polémica pola escolla de Filgueira Valverde para as Letras 2015
Ademais do rexeitamento expresado este domingo pola Mesa pola Normalización Lingüística, Manuel Rivas ou Bernardo Maiz (que promoveu a candidatura de Carvalho Calero), critican a decisión. Pola contra, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, afirma que "non hai discusión posible"
A Mesa pídelle á RAG que "rectifique" a decisión de dedicarlle as Letras a Filgueira Valverde
Para a entidade "é un insulto a todas as persoas que padeceron con exilio, prisión e morte a defensa da lingua e cultura galegas" e chama á sociedade galega "a se organizar" para que "o Día das Letras Galegas siga a ser unha xornada de reinvindicación do noso idioma"
Galicia pinta moito: 50 ilustradores galegos actuais
A revista Dot busca financiamento para a publicación dun libro que recolle as obras de 50 ilustradores e ilustradoras galegas actuais. Unha campaña en Verkami leva recadados case catro mil euros, pero aínda necesita un derradeiro empurrón.
Filgueira Valverde será homenaxeado no Día das Letras en 2015
O pontevedrés foi o escollido polo pleno da Real Academia Galega, fronte ás candidaturas de Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María
Arzúa, capital galega da Lusofonía
O recinto feiral da vila acollerá este sábado o evento éMundial, organizado por AGAL. Un pregón de Xurxo Souto abrirá un intenso programa de concertos, debates e actividades infantís, con especial protagonismo para Semente.
As Letras 2015: Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Xela Arias, Manuel María ou Fernández de la Vega
A Real Academia Galega decidirá entre estes cinco nomes a persoa homenaxeada no 17 de maio do ano próximo. O pleno da institución reunirase o sábado para votar e anunciar a elección
Julio Cortázar, harredista galego
Carlos C. Varela