Plastic Dolls Show, unha estimulante novidade no teatro galego
Elsinor Paradise é un cabaret decadente, unha penumbra que a duras penas permite adiviñar o seu pasado esplendor. Por ese territorio, escuro e subterráneo, desfila unha corte de personaxes cun destino común, feito dun misto de fracaso, lucidez, amargura, saudade e loucura.