O Festival de Cans recibiu 164 producións galegas
Recibíronse 82 curtas de ficción, 14 de animación, 56 videoclips e 12 pezas doutros xéneros, unhas cifras semellantes ás pasada edición. O festival creará un premio á mellor banda sonora, "dada a calidade da música orixinal nas curtas recibidas".