“A educación é unha conquista da democracia que se nos está esvaecendo coma fume de cabicha”
Fina Casalderrey será a quinta muller que ocupe unha das cadeiras da RAG. E está disposta a facelo non só avanzando un chanzo máis no seu compromiso persoal coa lingua, senón seguindo a pelexar por demostrar canto vale a Literatura Infantil e Xuvenil do noso país.