”Hai unha vontade explícita de baleirar de contido o autogoberno e a cultura”
Agustín Fernández Paz recolleu hai só uns días o premio da Asociación Galega de Editores á mellor obra de fición do ano por Non hai noite tan longa, e xa a está a traballar na que será a súa próxima novela. En pouco tempo chegará tamén ás librarías a súa obra As fronteiras do medo, só uns meses despois de publicarse Fantasmas de luz. Por algo é considerado un dos nosos escritores máis prolíficos, ademais dun dos máis recoñecidos e respetados polo seu compromiso coa lingua, a cultura e o ensino.