"ACadaCanto quere ser como un refuxio nun mundo que nos impón un ritmo de vida antinatural"
"Hai poesía en todo momento, mira como morre o sol". E este só verso resume ben o sentido de todo o disco: a procura da beleza como acubillo. Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero conflúen, por primeira vez, os catro xuntos neste proxecto, que presentan en Compostela o vindeiro día 13, ás 21:00 horas no Teatro Principal.