Lanzan unha campaña para recuperar as axudas ao talento
Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos, que en abril publicaron un manifesto asinado por boa parte dos beneficiarios das axudas nos últimos anos, convocan o sector a unha xuntanza aberta o 28 de xuño en Compostela. Din que Fasero lles prometeu convocar as bolsas a finais de ano, para concedelas en xaneiro de 2013.