“Cando vin o Gaiás por vez primeira, asusteime. Pregunteime: Como se enche isto?”
Roberto Varela tomará posesión o próximo 23 de abril como embaixador en Uruguai. O ex conselleiro de Cultura e Turismo, que apura as súas últimas semanas en Galicia, bota a vista atrás para Praza nunha ampla entrevista na que revisa a súa xestión, responde as críticas e as polémicas que o rodearon, fura na Cidade da Cultura e opina sobre os sectores culturais.