David Reinero

Unha ducia de imaxes da fin do bipartito e a chegada de Feijóo

Tras gañar as eleccións do 1 de marzo anterior, o 18 de abril de 2009, hai agora dez anos, Alberto Núñez Feijóo tomaba posesión como presidente da Xunta. Lembramos unha década despois algunhas das imaxes máis significativas da caída do bipartito previo de PSdeG e BNG e do xeito en que o PP recuperou o Goberno galego.

  1. 02

    O axente especial

    Feijóo, pola contra, presentouse como un axente especial con licenza para matar (politicamente), dando unha pista do agresiva que sería a campaña dos populares.

  2. 03

    O pazo de inverno

    O PP presentou o bipartito como un goberno entregado ao desbalde poñendo o foco entre outras cuestións no mobiliario do despacho do presidente, que malia a súa promesa de desfacerse del, Feijóo segue a empregar. 

  3. 05

    As outras fotos

    En 2009 aínda tardaría en desvelarse a existencia doutras fotos noutro iate, as do propio Feijóo unha década antes co contrabandista Marcial Dorado. Unha década máis tarde Feijóo aínda cala que delegado do Goberno o avisou da existencia daquelas imaxes. 

  4. 06

    Os coches

    A campaña contra o desbalde do bipartito levou a Feijóo a criticar os coches de marca Audi que había na Xunta, moitos deles mercados durante a época de Fraga, e a publicitar os Citroën, que unha década despois seguen a ser minoría. 

  5. 07

    O medo á incautación de terras polos "soviéticos"...

    Naquela campaña de 2009 o PP axitou o medo fronte ao suposto intento do bipartito de aplicar políticas "da Unión Soviética" e quedar con propiedades dos galegos. Unha década máis tarde a Xunta está a aumentar a súa aposta polas expropiacións. 

  6. 08

    ...fronte á entrega de cabo Touriñán a Pescanova

    En 2009 estaba mal que o bipartito quixese dar uso a terras sen cultivar pero tamén que se negase a entregar cabo Touriñán a Pescanova para que fixese alí unha piscifactoría. A cousa acabou como acabou. 

  7. 09

    O contrato con Galicia

    Máis alá de criticar ao oponente, no bando das promesas construtivas, Feijóo asinou na campaña de 2009 un contrato con Galicia que aínda está pendente de cumprirse.

  8. 10

    A toma de posesión

    Tras gañar as eleccións, Feijóo tomou posesión o 18 de abril cun acto no Obradoiro rodeado de gaiteiros, como algún que outro antecesor seu. En 2012 prescindiu dese acto argumentando a crise coa que chegara á Xunta en 2009, pero en 2016 volveu recuperalo.